>> Ola,
>> non miro o correo en dous días e xa me soltades todo isto.
>>
>> A ver, para comezar penso que en vez de adaptarnos nós ao que fan os
>> desenvolvedores, que a veces non son moi conscientes do que fai falta,
>> é mellor dicirlles claramente que é o que nos fai falta, para que
>> fagan algo que lles sexa útil a milleiros de tradutores. A min o de
>> usar ntig para a tradución de SL parécemevos algo innecesario, por
>> exemplo, e non sei se nunha proba que se fixera con axuda de Marce
>> conseguiramos que o Lokalize tragara un ficheiro que só tiña tig.
>>
>> Se lles fan falta exemplos de TBX (incluíndo o de Mancomún):
>> http://ghicho.iespana.es/ E non vexo problemas en enviarlles o que hai
>> na forxa, no cal a xente de Tagen Ata (se non lembro mal) realizou un
>> gran traballo, aínda que evidentemente é mellorable.
>
> Ok, mándolles entón o enlace ao proxecto da Forxa do glosario. Se algún día
> desaparece, xa lles mandaremos outro.

Paréceme ben, excepto polo feito de que no glosario de Mancomún non
están tódalas etiquetas que pensamos usar nos futuros glosarios. Igual
era boa idea coller e facer un TBX cunha ducia de entradas e os campos
que nos interesan...

Responderlle a