>>>> A ver, para comezar penso que en vez de adaptarnos nós ao que fan os
>>>> desenvolvedores, que a veces non son moi conscientes do que fai falta,
>>>> é mellor dicirlles claramente que é o que nos fai falta, para que
>>>> fagan algo que lles sexa útil a milleiros de tradutores. A min o de
>>>> usar ntig para a tradución de SL parécemevos algo innecesario, por
>>>> exemplo, e non sei se nunha proba que se fixera con axuda de Marce
>>>> conseguiramos que o Lokalize tragara un ficheiro que só tiña tig.
>>>>
>>>> Se lles fan falta exemplos de TBX (incluíndo o de Mancomún):
>>>> http://ghicho.iespana.es/ E non vexo problemas en enviarlles o que hai
>>>> na forxa, no cal a xente de Tagen Ata (se non lembro mal) realizou un
>>>> gran traballo, aínda que evidentemente é mellorable.
>>>
>>> Ok, mándolles entón o enlace ao proxecto da Forxa do glosario. Se algún
>>> día
>>> desaparece, xa lles mandaremos outro.
>>
>> Paréceme ben, excepto polo feito de que no glosario de Mancomún non
>> están tódalas etiquetas que pensamos usar nos futuros glosarios. Igual
>> era boa idea coller e facer un TBX cunha ducia de entradas e os campos
>> que nos interesan...
>
> Pois, é boa ideia. A ver se melhoram o suporte a TBX no TTK e no Virtaal,
> porque agora mesmo só aceita termo+equivalência (só 1)+comentário
> (=definiçom).

E con iso non imos a ningures. Vexo necesario ter definición (quizais
por idioma), varias traducións posibles para cada idioma, estado de
tradución (recomendada, prohibida...), xénero ... non sigo que non
lembro máis.

> Por certo que tanto Shaforostoff como Illich em seus desenvolvimentos
> (Lokalize e DiverGloss) utilizam a versom alargada do estándar TBX, nom o
> TBX-Basic, por isso nom som compatíveis. Portanto, se se utiliza o
> TBX-Basic, haverá que ver se hai algumha ferramenta compatível em SL, o que
> até onde eu sei nom existe.

A min dame igual que sexa TBX ou TBX-basic, ou máis ben non, debería
ser TBX xa que hai cousas que considero necesarias que non están en
TBX-basic, pero aínda así podemos pasar de usar ntig que complica
bastante a lectura do ficheiro, tanto por seres humanos como por
programas, e aínda por riba o ficheiro TBX ocupa máis espazo.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a