Leandro Regueiro escribiu:
>>> -delete -> eliminar ou borrar?
>>>       
>> ? delete ? borrar
>> ? remove ? eliminar
>>     
>
> Queda isto confirmado? e "erase" como se traduce?
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   

Creo que á parte de adaptarse ao caso concreto, con moi pequenos 
matices, penso que en realidade non son termos diferentes e que a noción 
é a mesma. E máis unha cuestión de norma de uso lingüístico en inglés 
que nós non temos porque seguir fielmente. De feito temos unha forte 
tendencia a utilizar "eliminar" nos tres casos.

delete > eliminar (ou suprimir ... facer desaparecer un obxecto)
erase > borrar (ou limpar ... no sentido de despexar algo que tiña algún 
contido, especialmente textos)
remove > eliminar (ou quitar...  ou desfacer algo que antes fose 
introducido ou feito )

Tendemos só a diferenciar como máximo

eliminar = delete, remove
borrar = erase

En definitiva, parece que "eliminar" se consolida como a tradución 
xenérica e só nalgúns casos, polo contexto, os tradutores prefiren 
"borrar" (rexistros, datos, etc.) dentro doutro obxecto como un 
ficheiro, unha base de datos, ...









 --

Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Logo Xacobeo 2010

Responderlle a