>>>>> -delete -> eliminar ou borrar?
>>>>
>>>> ? delete ? borrar
>>>> ? remove ? eliminar
>>>
>>> Queda isto confirmado? e "erase" como se traduce?
>>
>> Creo que á parte de adaptarse ao caso concreto, con moi pequenos
>> matices, penso que en realidade non son termos diferentes e que a noción
>> é a mesma. E máis unha cuestión de norma de uso lingüístico en inglés
>> que nós non temos porque seguir fielmente. De feito temos unha forte
>> tendencia a utilizar "eliminar" nos tres casos.
>>
>> delete > eliminar (ou suprimir ... facer desaparecer un obxecto)
>> erase > borrar (ou limpar ... no sentido de despexar algo que tiña algún
>> contido, especialmente textos)
>> remove > eliminar (ou quitar...  ou desfacer algo que antes fose
>> introducido ou feito )
>>
>> Tendemos só a diferenciar como máximo
>>
>> eliminar = delete, remove
>> borrar = erase
>>
>> En definitiva, parece que "eliminar" se consolida como a tradución
>> xenérica e só nalgúns casos, polo contexto, os tradutores prefiren
>> "borrar" (rexistros, datos, etc.) dentro doutro obxecto como un
>> ficheiro, unha base de datos, ...
>
> Engado un ficheiro de texto con datos "reais" que igual serven para
> aclarar como está a cousa...

E penso que tes razón no dos contextos. Acabo de ver "remove" nun
sitio onde pedia a berros que se traducira como "quitar", e hai un
anaco vino noutro onde o propio era traducilo como "extraer" (un
dispositivo extraíble)...

Responderlle a