>> Pois vaia, que me aburrín xa de ver no Firefox et al. 'colar' por 'paste' 
>> (en)
>> así que abro o debate. Fágoo, porqué onte ou así miña irmá usando o firefox
>> saltou sorprendida -'colar'!? , isto é 'pegar', non?- . Tranquilos, non é a
>> primeira que se pregunta o mesmo.
>>
>> Parece moda crecente en Gnome usar colar porque aparece 6 veces en evolution,
>> 9 veces máis no portaretallos... mentras que en KDE está 'apegar/pegar', en
>> 'inkscape' idem... é dicir, somos máis clásicos ;)
>>
>> Segundo o digalego:
>> colar v.
>>> v t Unir dúas cousas con cola.
>>   >SIN:       encolar.
>>   >ANT:       descolar, desencolar, despegar.
>>
>> e esta non é a acepción da que falamos. Nas si que se cola é nas carpinterias
>> xa que alí péganse as táboas con cola. En todo caso, colar refírese a pegar
>> con pegamento ou cola, non a unir dous elemento con tal de que queden xuntos.
>>
>> (cambridge online)
>> paste:
>>> paste
>>> verb
>>> 1 [T usually + adverb or preposition] to stick something to something,
>>> especially with paste: You can make your own distorting mirror by pasting a
>>> sheet of kitchen foil to a piece of thin cardboard.
>>>
>>> 2 [I or T] to move a piece of text to a particular place in a computer
>>> document: Cut that paragraph and then paste it at the end of the page.
>>
>> véxase:
>>
>> pegar (var. apegar):
>>       >       1        v t
>>>              1       Unir unha cousa a outra por medio dunha substancia 
>>> adhesiva.
>>>              2       Unir unha substancia dúas cousas de xeito que non se 
>>> separen. Tm
>>> abs.
>>
>> que para o que me importa, amplia o concepto: xuntar, unir varias cousas. 
>> Esta
>> si que me parece unha tradución correcta: Paste > pegar/apegar.
>>
>> 'Pegar' é un concepto xa introducido na lingua e que todo o mundo emprega.
>> Pégase un cartel, unha pegatina... No caso de preteder cambialo por que en
>> portugués ou noutras linguas se empregue 'colar' por 'paste'... eu non son
>> quen de lle atopar xustificación. Colar e pegar son patrimoniais, pegar ten 
>> un
>> sentido máis amplo así como un uso máis extendido para 'unir, ligar varios
>> elementos'. Colar en portugués ten matices algo diferentes, conceptualmente é
>> mais amplo etc . Así que, que motivo hai para escoller 'colar'?
>
> Todo o que pasa pola miña man vai con pegar.
>
> Colar non resulta axeitado para o significado que se lle pretende dar na
> informática.

Eu tamén traduzo sempre como "pegar". "Colar" sóame raro, e cando
mirara no dicionario non me pareceu que "pegar" fora incorrecto. En
todo caso estaría disposto a usar "colar" sempre que haxa boas razóns
para usalo e non usar "pegar".

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a