+ 1 para colar

-os significados de colar e pegar som coincidentes, vendo os 
significados no dicionário da RAG (e outros como o Digalego, por 
exemplo) que o definem como unir mediante umha substáncia.
-colar tem a vantagem de ser mais harmónica com a soluçom do português;

em qualquer caso nom vejo o problema de utilizar umha soluçom válida; o 
que se desprende do glossário que mencionava Antón é que as variaçons de 
estilo som muitas entre projectos, mas cada um guarda umha certa unidade 
na selecçom de termos.

Leandro Regueiro escreveu:
>>> Pois vaia, que me aburrín xa de ver no Firefox et al. 'colar' por 'paste' 
>>> (en)
>>> así que abro o debate. Fágoo, porqué onte ou así miña irmá usando o firefox
>>> saltou sorprendida -'colar'!? , isto é 'pegar', non?- . Tranquilos, non é a
>>> primeira que se pregunta o mesmo.
>>>
>>> Parece moda crecente en Gnome usar colar porque aparece 6 veces en 
>>> evolution,
>>> 9 veces máis no portaretallos... mentras que en KDE está 'apegar/pegar', en
>>> 'inkscape' idem... é dicir, somos máis clásicos ;)
>>>
>>> Segundo o digalego:
>>> colar v.
>>>       
>>>> v t Unir dúas cousas con cola.
>>>>         
>>>   >SIN:       encolar.
>>>   >ANT:       descolar, desencolar, despegar.
>>>
>>> e esta non é a acepción da que falamos. Nas si que se cola é nas 
>>> carpinterias
>>> xa que alí péganse as táboas con cola. En todo caso, colar refírese a pegar
>>> con pegamento ou cola, non a unir dous elemento con tal de que queden 
>>> xuntos.
>>>
>>> (cambridge online)
>>> paste:
>>>       
>>>> paste
>>>> verb
>>>> 1 [T usually + adverb or preposition] to stick something to something,
>>>> especially with paste: You can make your own distorting mirror by pasting a
>>>> sheet of kitchen foil to a piece of thin cardboard.
>>>>
>>>> 2 [I or T] to move a piece of text to a particular place in a computer
>>>> document: Cut that paragraph and then paste it at the end of the page.
>>>>         
>>> véxase:
>>>
>>> pegar (var. apegar):
>>>       >       1        v t
>>>       
>>>>              1       Unir unha cousa a outra por medio dunha substancia 
>>>> adhesiva.
>>>>              2       Unir unha substancia dúas cousas de xeito que non se 
>>>> separen. Tm
>>>> abs.
>>>>         
>>> que para o que me importa, amplia o concepto: xuntar, unir varias cousas. 
>>> Esta
>>> si que me parece unha tradución correcta: Paste > pegar/apegar.
>>>
>>> 'Pegar' é un concepto xa introducido na lingua e que todo o mundo emprega.
>>> Pégase un cartel, unha pegatina... No caso de preteder cambialo por que en
>>> portugués ou noutras linguas se empregue 'colar' por 'paste'... eu non son
>>> quen de lle atopar xustificación. Colar e pegar son patrimoniais, pegar ten 
>>> un
>>> sentido máis amplo así como un uso máis extendido para 'unir, ligar varios
>>> elementos'. Colar en portugués ten matices algo diferentes, conceptualmente 
>>> é
>>> mais amplo etc . Así que, que motivo hai para escoller 'colar'?
>>>       
>> Todo o que pasa pola miña man vai con pegar.
>>
>> Colar non resulta axeitado para o significado que se lle pretende dar na
>> informática.
>>     
>
> Eu tamén traduzo sempre como "pegar". "Colar" sóame raro, e cando
> mirara no dicionario non me pareceu que "pegar" fora incorrecto. En
> todo caso estaría disposto a usar "colar" sempre que haxa boas razóns
> para usalo e non usar "pegar".
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : gonzalo.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 324 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090706/8eb426de/attachment-0001.vcf
 

Responderlle a