Leandro Regueiro escribiu:
> 2009/7/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>>>> Pois vaia, que me aburrín xa de ver no Firefox et al. 'colar' por 'paste' 
>>>> (en)
>>>> así que abro o debate. Fágoo, porqué onte ou así miña irmá usando o firefox
>>>> saltou sorprendida -'colar'!? , isto é 'pegar', non?- . Tranquilos, non é a
>>>> primeira que se pregunta o mesmo.
>>>>
>>>> Parece moda crecente en Gnome usar colar porque aparece 6 veces en 
>>>> evolution,
>>>> 9 veces máis no portaretallos... mentras que en KDE está 'apegar/pegar', en
>>>> 'inkscape' idem... é dicir, somos máis clásicos ;)
>>>>
>>>> Segundo o digalego:
>>>> colar v.
>>>>> v t Unir dúas cousas con cola.
>>>>   >SIN:       encolar.
>>>>   >ANT:       descolar, desencolar, despegar.
>>>>
>>>> e esta non é a acepción da que falamos. Nas si que se cola é nas 
>>>> carpinterias
>>>> xa que alí péganse as táboas con cola. En todo caso, colar refírese a pegar
>>>> con pegamento ou cola, non a unir dous elemento con tal de que queden 
>>>> xuntos.
>>>>
>>>> (cambridge online)
>>>> paste:
>>>>> paste
>>>>> verb
>>>>> 1 [T usually + adverb or preposition] to stick something to something,
>>>>> especially with paste: You can make your own distorting mirror by pasting 
>>>>> a
>>>>> sheet of kitchen foil to a piece of thin cardboard.
>>>>>
>>>>> 2 [I or T] to move a piece of text to a particular place in a computer
>>>>> document: Cut that paragraph and then paste it at the end of the page.
>>>> véxase:
>>>>
>>>> pegar (var. apegar):
>>>>       >       1        v t
>>>>>              1       Unir unha cousa a outra por medio dunha substancia 
>>>>> adhesiva.
>>>>>              2       Unir unha substancia dúas cousas de xeito que non se 
>>>>> separen. Tm
>>>>> abs.
>>>> que para o que me importa, amplia o concepto: xuntar, unir varias cousas. 
>>>> Esta
>>>> si que me parece unha tradución correcta: Paste > pegar/apegar.
>>>>
>>>> 'Pegar' é un concepto xa introducido na lingua e que todo o mundo emprega.
>>>> Pégase un cartel, unha pegatina... No caso de preteder cambialo por que en
>>>> portugués ou noutras linguas se empregue 'colar' por 'paste'... eu non son
>>>> quen de lle atopar xustificación. Colar e pegar son patrimoniais, pegar 
>>>> ten un
>>>> sentido máis amplo así como un uso máis extendido para 'unir, ligar varios
>>>> elementos'. Colar en portugués ten matices algo diferentes, 
>>>> conceptualmente é
>>>> mais amplo etc . Así que, que motivo hai para escoller 'colar'?
>>> Todo o que pasa pola miña man vai con pegar.
>>>
>>> Colar non resulta axeitado para o significado que se lle pretende dar na
>>> informática.
>> Eu tamén traduzo sempre como "pegar". "Colar" sóame raro, e cando
>> mirara no dicionario non me pareceu que "pegar" fora incorrecto. En
>> todo caso estaría disposto a usar "colar" sempre que haxa boas razóns
>> para usalo e non usar "pegar".
> 
> Non sei se estades na rolda de tradución de Mozilla, pero Méixome
> explicou alí (máis ou menos) que a aparición de "colar" se debe a unha
> mala aplicación do famoso algoritmo decisorio, e que o cambio actual a
> "pegar" é unha corrección do devandito erro. Ou sexa, que nada de
> "colar" de aquí endiante.
> 
O curioso é que no firefox 3.5 recén saido aparece como colar.
Non habería que mudar isto?

> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 

Reply via email to