damufo escribiu:
> Leandro Regueiro escribiu:
>   
>> 2009/7/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>>     
>>>>> Pois vaia, que me aburrín xa de ver no Firefox et al. 'colar' por 'paste' 
>>>>> (en)
>>>>> así que abro o debate. Fágoo, porqué onte ou así miña irmá usando o 
>>>>> firefox
>>>>> saltou sorprendida -'colar'!? , isto é 'pegar', non?- . Tranquilos, non é 
>>>>> a
>>>>> primeira que se pregunta o mesmo.
>>>>>
>>>>> Parece moda crecente en Gnome usar colar porque aparece 6 veces en 
>>>>> evolution,
>>>>> 9 veces máis no portaretallos... mentras que en KDE está 'apegar/pegar', 
>>>>> en
>>>>> 'inkscape' idem... é dicir, somos máis clásicos ;)
>>>>>
>>>>> Segundo o digalego:
>>>>> colar v.
>>>>>           
>>>>>> v t Unir dúas cousas con cola.
>>>>>>             
>>>>>   >SIN:       encolar.
>>>>>   >ANT:       descolar, desencolar, despegar.
>>>>>
>>>>> e esta non é a acepción da que falamos. Nas si que se cola é nas 
>>>>> carpinterias
>>>>> xa que alí péganse as táboas con cola. En todo caso, colar refírese a 
>>>>> pegar
>>>>> con pegamento ou cola, non a unir dous elemento con tal de que queden 
>>>>> xuntos.
>>>>>
>>>>> (cambridge online)
>>>>> paste:
>>>>>           
>>>>>> paste
>>>>>> verb
>>>>>> 1 [T usually + adverb or preposition] to stick something to something,
>>>>>> especially with paste: You can make your own distorting mirror by 
>>>>>> pasting a
>>>>>> sheet of kitchen foil to a piece of thin cardboard.
>>>>>>
>>>>>> 2 [I or T] to move a piece of text to a particular place in a computer
>>>>>> document: Cut that paragraph and then paste it at the end of the page.
>>>>>>             
>>>>> véxase:
>>>>>
>>>>> pegar (var. apegar):
>>>>>       >       1        v t
>>>>>           
>>>>>>              1       Unir unha cousa a outra por medio dunha substancia 
>>>>>> adhesiva.
>>>>>>              2       Unir unha substancia dúas cousas de xeito que non 
>>>>>> se separen. Tm
>>>>>> abs.
>>>>>>             
>>>>> que para o que me importa, amplia o concepto: xuntar, unir varias cousas. 
>>>>> Esta
>>>>> si que me parece unha tradución correcta: Paste > pegar/apegar.
>>>>>
>>>>> 'Pegar' é un concepto xa introducido na lingua e que todo o mundo emprega.
>>>>> Pégase un cartel, unha pegatina... No caso de preteder cambialo por que en
>>>>> portugués ou noutras linguas se empregue 'colar' por 'paste'... eu non son
>>>>> quen de lle atopar xustificación. Colar e pegar son patrimoniais, pegar 
>>>>> ten un
>>>>> sentido máis amplo así como un uso máis extendido para 'unir, ligar varios
>>>>> elementos'. Colar en portugués ten matices algo diferentes, 
>>>>> conceptualmente é
>>>>> mais amplo etc . Así que, que motivo hai para escoller 'colar'?
>>>>>           
>>>> Todo o que pasa pola miña man vai con pegar.
>>>>
>>>> Colar non resulta axeitado para o significado que se lle pretende dar na
>>>> informática.
>>>>         
>>> Eu tamén traduzo sempre como "pegar". "Colar" sóame raro, e cando
>>> mirara no dicionario non me pareceu que "pegar" fora incorrecto. En
>>> todo caso estaría disposto a usar "colar" sempre que haxa boas razóns
>>> para usalo e non usar "pegar".
>>>       
>> Non sei se estades na rolda de tradución de Mozilla, pero Méixome
>> explicou alí (máis ou menos) que a aparición de "colar" se debe a unha
>> mala aplicación do famoso algoritmo decisorio, e que o cambio actual a
>> "pegar" é unha corrección do devandito erro. Ou sexa, que nada de
>> "colar" de aquí endiante.
>>
>>     
> O curioso é que no firefox 3.5 recén saido aparece como colar.
> Non habería que mudar isto?
>
>   
>> Ata logo,
>>                    Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>>     
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

Como xa se fai explícito no Manual, o algoritmo de decisión é unha 
ferramenta para facer máis obxectivas as decisións de elección 
terminolóxica. É un complemento ao noso criterio xeral de adecuación aos 
criterios da Normativa oficial do idioma que como sabedes son 4, 
xerárquicos, xunto con 3 "avisos".

No caso que nos ocupa, houbo unha mala aplicación do algoritmo porque 
"pegar" e "colar" non son termos indiferentes en galego, non son 
sinónimos; non había debate no uso de "pegar" que era previo e pacífico. 
O uso de "colar" non foi xustificado, nin acompañado dunha mellora 
razoábel no estándar de localización galego-inglés. É un cambio recente 
e que só ten trascendido parcialmente. Consideramos conveniente pois, 
retirar esta innovación na tradución de software cando menos ata que se 
debata convenientemente  na comunidade (g11n,  terminoloxía) e retomar a 
nosa tradución xeral anterior como "pegar".

A inestabilidade non é de agora e non vén só por aí. O feito é que 
algunhas localizacións se ven con "pegar",  outras con "pegar" e outras 
con "apegar; é unha "questione della ... " localización galega, tal como 
está agora mesmo. Solucionarase co tempo. O paquete de idioma de Firefox 
manterá a tradución que tiña (pegar) na súa actualización para a versión 
3.5.

É normal que un proceso de estabilización terminolóxica teña certas 
voltas. Chámase normalización lingüística: afinar a precisión das 
equivalencias entre palabras de dous idiomas cando non se comparten as 
mesmas estruturas nocionais só se pode facer mediante progresivos 
achegamentos harmonizadores.

Desde o punto de vista da normativa oficial, hoxe en día, non hai ningún 
vocabulario informático definitivo, así que propoño directamente que 
adoptemos PEGAR como equivalente prioritario e definitivo de PASTE. O 
resto de traducións poderían aceptarse como alternativas, con maior ou 
menor peso, mais xa non como recomendábeis.

Saúdos,

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090706/6471f301/attachment.vcf
 

Reply via email to