Ola:
Eu teño exactamente o mesmo problema para as traducións do joomla!.
No joomla! as traducións están en ficheiros .ini con este formato

CACHE DIRECTORY=Cache Directory
CHANGELOG=Changelog
...

o que fago é converter a po e traduzo (envío ao entrans...), o formato é 
este, como vedes gardo como comentario o nome da variable, aínda non a 
uso pero teño pensado usala porque, por exemplo a tradución de May 
resulta que pode ser Maio e nalgún caso Mai.

#CACHE DIRECTORY
msgid "Cache Directory"
msgstr "Directorio da caché"
#CHANGELOG
msgid "Changelog"
msgstr "Rexistro de trocos"

Despois convirto isto a .ini de novo quedando así:

CACHE DIRECTORY=Directorio da caché
CHANGELOG=Rexistro de trocos


Agora, como o fago, pois fixen un pequeno programiña (chapuza...) con 
python e wx para non ter que andar en liña de comandos.

Quen o queira pásolle o código. De todos modos, mihnoca,  se me das 
tempo, podo ver de facerche o código para que dado o ficheiro po o pase 
ao teu formato, define... que por certo para que aplicación é, soame de 
que antes joomla! 1.0x usaba ese formato.

Ahh! e por certo quen queira o código do que teño feito pásollo sen 
problema, aínda que non creo que valla de moito.

Saúdos


Minhoca escribiu:
> Pendente de probar as ligazóns que achega Xabier e Susana, respecto do 
> dito por Leandro e Fran o problema está en que para o caso que me ocupa 
> é preciso meter as cadeas traducidas no arquivo orixinal php.
> 
> Seguín o metodo de Fran metendo uns códigos que o poedit os entende para 
> xerar o arquivo po. Vexo que o propio poedit xera un arquivo mo.
> 
> Pero agora é preciso substituir o traducido no arquivo fonte.
> 
> Prego disculpas pois eu son un militante da lingua, e non un experto 
> informático.
> 
> 
> Leandro Regueiro escribiu:
>> Si. O bo do sistema que propón Fran é que o programa se integra con Gettext.
>>
>> Engadindo esas liñas en realidade o que fas é internacionalizar o
>> programa, ou sexa, permitir que se localice. Despois extraes as
>> cadeas, traduces co programa que sexa, xeras o ficheiro .mo ó que
>> accede automaticamente despois o código php.
>>
>> Ata logo,
>>                   Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>>
> 

Responderlle a