"quéntolle a orella ao programador(es) para que adopte gettext."

JAJAJAJA
pobre de nós...

Susana Sotelo Docio escribiu:
> O Xoves 15 de Maio de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
>   
>> Si. O bo do sistema que propón Fran é que o programa se integra con Gettext.
>>
>> Engadindo esas liñas en realidade o que fas é internacionalizar o
>> programa, ou sexa, permitir que se localice. Despois extraes as
>> cadeas, traduces co programa que sexa, xeras o ficheiro .mo ó que
>> accede automaticamente despois o código php.
>>     
>
> Si, o positivo é que o que propón Fran é o xeito de facelo; o negativo, que
> non vale de nada se non consegues que os programadores acepten esa
> internacionalización que fas. Ademais, esa internacionalización nonsería a
> mellor das posíbeis, xa que no código usa constantes no sitio das cadeas
> textuais, e o que estás a internacionalizar en realidade é o ficheiro onde
> se definen os valores desas constantes. Isto é, estás facendo en dous pasos
> o que poderías resolver nun só.
>
> Eu nestes casos escollo o camiño do medio: traduzo o ficheiro de constantes
> (para os programas escritos en PHP xa vin i18n de tódalas cores e formas) e
> fago un patch ou quéntolle a orella ao programador(es) para que adopte
> gettext.
>
>   

-- 
Paco Dieguez
Linux User #409880
Chave GPG: A2A4F9B8 en keyserver.rediris.com
www.mabishu.com

Responderlle a