Boas,

Reenvío a proposta por se a alguén non lle chegou.

----- Forwarded message from suso.baleato en xunta.es -----

From: suso.bale...@xunta.es
To: Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos ao galego
        <ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org>
Subject: Re: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] encontro
Reply-To: Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos ao
        galego <ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en 
mancomun.org>
Date: Mon, 14 Apr 2008 20:10:39 +0200
User-Agent: Mutt/1.5.15+20070412 (2007-04-11)

Por ir adiantando (insisto que temos que ir pensando xa en contactar cos
ponentes) acabo de improvisar unha idea tratando de recoller as vosas
propostas de ponencias que achegastes, e por suposto sen falar coa xente
a ver qué vos parece:

Sábado 10
---------

PRIMEIRA PARTE: chegar, constextualizar o tema e facer unha primeira
rolda de presentacións.

10:00 Recepción de asistentes. Café de benvida.

10:30 Aproximarnos o asunto dende a perspectiva da normalización
lingüística (penso no Servizo de Normalización Lingüística da USC) e/ou
da lingüística computacional (penso en Susana).

12:00 Mesa redonda, moderada por Helena Veiguela, sobre galeguización do
software: aportación dende o voluntariado (penso en Trasno), dende o
ciberactivismo (penso en CIF), dende a empresa (penso  en Tagen Ata)
e dende a administración pública (Mancomún). Relatórios de 15 minutos
máximo.

13:45 Cortamos o rollo e tiramos pra comer

COMIDA. Por definir. Probabelmente cattering no próprio evento ou ben
comida nun restaurante cercano sabendo con antelación a xente que vai ir.

SEGUNDA PARTE: entramos en materia: traemos aos ponentes de fora

16:00 O de KDE Portugal, a ver de qué vai eso de que dan traducido todo

18:00 Juan Rafael; que nos conte a súa aproximación ao tema

CEA. Convidamos aos ponentes de fora, pero os demais pagamos cada un o
seu, igual que as cervexas e demais que inevitabelmente se cruzarán no
noso camiño...

domingo 11
----------

TERCEIRA PARTE. Posta en común.

10:00 Identificación dos problemas e definición de grupos de traballo
10:30 Traballo dos grupos de traballo 
12:00 Descanso
12:00 Plenario: exposición das conclusións de cada grupo de traballo (10
minutos máximo por grupo) e a masacrarnos entre nós. 
13:30 Proposta da data e lugar do próximo evento. Clausura

Bueno, a ver qué vos parece. Se tal podemos extender a posta en común do
domingo tamén pola tarde, pero hai que ter en conta que hai que xente
que terá que voltar aos seus lugares de orixe.

A ver qué vos parece a idea.

Miguel Branco escrebeu:
> Pois adiante, seguide ca data prevista
> 
> eu nesas datas(10-11Maio) serame imposible ir, síntoo que non me dera de 
> conta 
> antes. Pero sen falta habémonos ver no vran. 
> 
> > >  No finde do 10-11 cadra o cumpre de mancomún; aproveitei ese facto pra
> > >  obter recursos e redirixilos cara o tema de localización. Nada nos
> > >  impide facer máis encontros no vran ou mesmo despois claro, pero outra
> > >  cousa é que se xunten as circunstancias positivas que temos diante para
> > >  que o tema saia ben. E evidentemente, ben sexa polo lugar ou polas
> > >  datas, sempre vai haber alguén que non poida; eso é algo co que temos
> > >  que contar.
> > >
> > >  O finde seguinte é o día das letras: vai ser moi complicado conseguir un
> > >  espazo axeitado ese día. Ademais se algún finde vai ser complicado
> > >  loxísticamente para conseguir vós vai ser ese, que imos estar saturados
> > >  de eventos, ponentes, e xente de fora. Máis alá da segunda quincena de
> > >  novembro xa se tornaría imposibel até o vrao. Pensar nun evento no vrao
> > >  é boa cousa pero non impide seguir a traballar no evento do 10-11.
> >
> > Estou de acordo tamén. Se non se consegue o quorum sempre se poderá
> > volver intentar en verán. Despois da data do 10-11 proposta non pode
> > ser ata o verán, iso que quede claro.
> >
> > Ata logo,
> >                      Leandro Regueiro
> 
> 
> 
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

----- End forwarded message -----

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a