ponencia -> relatorio
ponente -> relator

;-)


suso.baleato en xunta.es escribiu:
> Boas. Boas novas: veño de recibir a confirmación de Xusto, do SLN
> da USC, que se animará a participar no evento. Resulta estupendo saber
> que poderemos contar con él, xa que poderá introducirnos no mundo da
> Terminoloxía como disciplina científica que é, e sobre todo nos
> permitirá coñecer a súa metodoloxía que seguramente poderemos
> reaproveitar por que comparte moitas cousas co tema do software libre,
> como o traballo colaborativo, en rede e multidisciplinar.
> 
> A intervención de Xusto sería a que abriría as xornadas. Despois viría a
> intervención de Helena Veiguela, despois a mesa redonda, comida,
> ponencias da tarde e cea para fechar o sábado. Domingo traballo en
> grupo en principio só pola mañá.
> 
> Irene xa está a confirmar asistencia de ponentes, organizándolles viaxe
> e aloxamento e tamén está a xestionar a reserva do espazo que
> empregaremos para o evento. En canto a isto último, a idea é que sexa un
> espazo onde poidamos sentarnos e idealmente dispoñer de mesas ou ben
> algo para apoiar e poder escreber; vaia, un espazo de traballo formato
> aula ou teatro pero con boas condicións acústicas, proxector e demais
> requerimentos congresuais.
> 
> Saúdos,
> 
> suso.baleato en xunta.es escrebeu:
>> Para seguir confirmando cousas (saiume o correo verboso de máis,
>> desculpas por adiantado:) 
>>
>> - Hoxe ven de incorporarse a persona que levará os temas de comunicación
>>   do CRS (forma abreviada que me inventei para referirme ao Centro de
>>   Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza, aka Mancomún ou
>>   tamén mancomun.org). Chámase Irene, tratádea ben polo menos ao
>>   principio que (polo momento) non ten culpa de nada. Está enterada do
>>   evento, está enterada do wiki, algo xa foi lendo do arquivo desta
>>   lista para imbuírse do espíritu do evento e xa se puxo mans á obra.
>>   Benvida, Irene ;-)
>>
>> - Contactei con Juan Rafael (grazas Susana) e con Albert Astals (grazas
>>   Marce) resolvéndolles dúbidas que me plantexaron acerca da natureza da
>>   súa presentación. Irene xa contactou con iles para obter confirmación de
>>   asistencia e a partires dahí xestionarlles viaxe e aloxamento. As súas
>>   serían as ponencias do sábado pola tarde.
>>
>> - En canto a Xusto, a última información que teño é a que acaba de
>>   fornecer Susana. Sería estupendo que puideramos contar coa súa
>>   perspectiva; a súa sería a ponencia do sábado pola mañá, abrindo o
>>   evento.
>>
>> - En canto a Helena Veiguela (a Directora Xeral de Promoción Industrial
>>   e da Sociedade da Información -que resumirei en diante por DXPISI- 
>>   estou pendente de confirmación. A súa intervención tería lugar a iso
>>   das 12:00, despois da ponencia de Xusto. Tería (penso) a forma dunha
>>   presentación dos proxectos da Consellaría de Innovación e Indústria en
>>   materia de software libre, en especial aqueles máis vencellados á
>>   lingua, e podería seguir moderando a mesa redonda que viría despois.
>>
>> * En canto a mesa redonda, visto que non se plantexan obxeccións ao
>>   proposto penso que sería xa o momento de irlle poñendo nomes ás
>>   propostas. A min gustaríame propoñer por parte de Trasno a Ramom
>>   Flores: a presentación que fixo nas xornadas organizadas polo Concello
>>   de Compostela eran realmente esclarecedoras. Recibín tamén correo de
>>   Alexandre das CIF; estou pendente do que me diga. De Tagen Ata entendo
>>   que Xabier sería a persona apropriada. Se Tagen Ata non pode/non quere
>>   igual seguramente poderíamos contar con Jose Ramom Pichel de Imaxin
>>   (que son os que traduciron o polémico OpenOffice aquel); ou se o
>>   preferides podemos facer despois algunha intervencion monográfica para
>>   empresas, que sería outra posibilidade. Pensei en Tagen Ata por que
>>   iles coordenaron xunto con Nacho a tradución do GNOME 2.16 e penso que o
>>   fixeron bastante ben. Por Mancomún falaría eu si me toca tema 
>> institucional,
>>   e no caso de que sexa cousa máis técnica entón proporía a Mar se ela pode
>>   acudir ao evento.
>>
>> * En canto ao domingo pola mañá, aceitanse propostas. Si vos mola a idea
>>   de definir grupos de traballo que traballen por separado e ao final
>>   poñer en común as conclusións de cada un, pois tiramos por ahí. Se
>>   preferides outra cousa pois sen problema.
>>
>> - Un tema loxístico: a estas alturas, e a menos de dúas semanas do
>>   evento, vai ser complicado xa integrar propostas de novos ponentes,
>>   outros lugares ou outras datas que non sexan as que xa foron propostas. Se
>>   non tendes obxección, pola miña parte fecharía ises capítulos, á
>>   espera do que nos digan Xusto e mais Helena.
>>
>> - Temas para seguir definindo: configuración da mesa redonda do sábado e 
>>   posta en común do domingo (obxectivos, xeito de facelo...)
>>
>> Saúdos,
>>
>> Susana Sotelo Docio escrebeu:
>>> O Mércores 16 de Abril de 2008, suso.baleato en xunta.es escribiu:
>>>
>>> Sinto non ter dado sinais de vida en todo este tempo, pero foime imposíbel
>>> por temas de traballo.
>>>
>>>> Penso que é unha idea estupenda, eu tamén teño moi boas referencias de
>>>> Xusto. Poderías tí propoñerlle o tema a ver qué lle parece? Xabi
>>> Xa contactei con Xusto e con Juan Rafael Fernández, e a cousa vai por bo
>>> camiño. Penso que poderemos contar cos dous, e o que queda é concretar os
>>> detalles.
>>>
>>>> Xabi
>>>> propoñíate para participar, e na miña opinión sería moi interesante que
>>>> nos puideras achegar a túa visión das cousas, que está a meio camiño
>>>> entre o software libre e a lingüística.
>>> Sobre isto xa respondín ao propio correo de Xabier no seu momento. Non creo
>>> que eu teña gran cousa que aportar nestas xornadas, e si moito que aprender.
>>>
>>> -- 
>>> "Only after the last tree has been cut, only after the last river has
>>> been poisoned, only after the last fish has been fished, only then you will
>>> discover that money can not be eaten." -- Evelyn Waugh
>>> _______________________________________________
>>> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
>>> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>> -- 
>> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org      
>>   
>> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
>> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
>> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
>> _______________________________________________
>> Eventos mailing list
>> Eventos en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/eventos
> 

Responderlle a