O Xoves, 27 de Decembro de 2007, xabier seixo escribiu:
On Thursday, 27 de December de 2007, you wrote:
> dende logo para a documentación eu creo que case se fai imprescindibel
> (esta ferramenta ou outra similar).
Pois si, é moi precisa unha ferramenta boa para manipular directamente o 
formato docbook.
Se o proxecto no que estás a traballar se enrrolla e converte os ficheiros 
docbook a po (co paquete poxml po po4a), é moi cómodo traballar desde un 
editor de ficheiros po, polo menos os que eu manexei teñen a opción 
de "inserir a seguinte etiqueta", e faise moi cómodo o traballo,
agora, nos proxectos independentes, como kmymoney ou keme, entre que usan unha 
estruturación "pouco amigábel"® (usease ±, src/ developer-doc/ doc/ po/ 
admin/) e que os desenvolventes descoñecen as ferramentas, é un cristo, e 
afinal acábase por picar o ficheiro a pelo.

Cal é o problema? Pois máis patético do que parece: esquecer a versión da 
doc...ón orixinal que foi empregada, neste caso o uso do po4a complícase (se 
non, abondaba con formar os ficheiros po traducidos e montar unha tm, logo 
converter a po os novos doc...ks e pasarlles a memoria.
(E si, teño ese problema con kmm).

> Ao poder traballar con distintos tipos de formatos, se tes creada a
> memoria de tradución a partir da localización, podes utilizala para
> traducir a documentación o que che aforra bastante traballo.

Si, de todos os xeitos, para isto en kde3 habia uns scripts que apartir do 
ficheiro po da gui completaban as cadeas correspondentes dos ficheiros po da 
documentación, non é nada do outro mundo.

>[...] aínda que tamén teño as memorias
> de Wordpress e Sugar (crm) por se alguén as quere (en canto teña tempo a
> ver se creamos un sitio para que se poidan descargar xa feitas).
Podes incorporálas á wiki de trasno, se non tés conta métoas eu mesmo se qués.

> Polo que estiven vendo, o Keme é unha aplicación de contabilidade, polo
> que compartirá bastante vocabulario co Sugar.
Pozí, no entanto imaxino que haberá un problema: Sugar debe estar en inglés no 
orixinal, keme está en castelán, polo que a non ser que teñas unha tm 
psiquedélica pouco irei poder aproveitar.

> Pero si me funciona coa máquina virtual de IBM nun ppc G4 con debian.
Por min non hai problema, para o keme pensaba usar un G4 con jaguar.


-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : non dispoñible
Tipo       : application/pgp-signature
Tamaño     : 189 bytes
Descrición: This is a digitally signed message part.
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20071227/b0e3177e/attachment.pgp
 

Responderlle a