O Xov, 27-12-2007 ás 13:15 +0100, mvillarino escribiu:
> O Xoves, 27 de Decembro de 2007, xabier seixo escribiu:
> On Thursday, 27 de December de 2007, you wrote:
> > dende logo para a documentación eu creo que case se fai imprescindibel
> > (esta ferramenta ou outra similar).
> Pois si, é moi precisa unha ferramenta boa para manipular directamente o 
> formato docbook.
Neste caso, a aplicación o que fai é pasar o docbook a xliff.
Co .po fas o mesmo, pasalos a xliff (que non é máis que XML) 
> Se o proxecto no que estás a traballar se enrrolla e converte os ficheiros 
> docbook a po (co paquete poxml po po4a), é moi cómodo traballar desde un 
> editor de ficheiros po, polo menos os que eu manexei teñen a opción 
> de "inserir a seguinte etiqueta", e faise moi cómodo o traballo,
> agora, nos proxectos independentes, como kmymoney ou keme, entre que usan 
> unha 
> estruturación "pouco amigábel"® (usease ±, src/ developer-doc/ doc/ po/ 
> admin/) e que os desenvolventes descoñecen as ferramentas, é un cristo, e 
> afinal acábase por picar o ficheiro a pelo.
> 
> Cal é o problema? Pois máis patético do que parece: esquecer a versión da 
> doc...ón orixinal que foi empregada, neste caso o uso do po4a complícase (se 
> non, abondaba con formar os ficheiros po traducidos e montar unha tm, logo 
> converter a po os novos doc...ks e pasarlles a memoria.
> (E si, teño ese problema con kmm).
> 
> > Ao poder traballar con distintos tipos de formatos, se tes creada a
> > memoria de tradución a partir da localización, podes utilizala para
> > traducir a documentación o que che aforra bastante traballo.
> 
> Si, de todos os xeitos, para isto en kde3 habia uns scripts que apartir do 
> ficheiro po da gui completaban as cadeas correspondentes dos ficheiros po da 
> documentación, non é nada do outro mundo.
> 
Si pero sempre estas limitado a usar .po.
O bo de usar unha ferramenta que traballe en varios formatos e que podes
tirar de varias fontes.
Tamén o podes facer utilizando varias apliaccións, cripts etc, pero xa
sabemos que como lle roncheemos á xente con un porrón de aplicacións
tiranse patrás.
Por iso me gustan OmegaT ou Open... porque convinan todas esas
apliaccións nunha e a persoa que queira colaborar na localización pode
ter un alto grado de autonomía.

> >[...] aínda que tamén teño as memorias
> > de Wordpress e Sugar (crm) por se alguén as quere (en canto teña tempo a
> > ver se creamos un sitio para que se poidan descargar xa feitas).
> Podes incorporálas á wiki de trasno, se non tés conta métoas eu mesmo se qués.
> 
Ok, porque andan desperdigadas polo mundo.
Nacho xa engadiu as de Gnome, pero quedan as de Wordpress.
> > Polo que estiven vendo, o Keme é unha aplicación de contabilidade, polo
> > que compartirá bastante vocabulario co Sugar.
> Pozí, no entanto imaxino que haberá un problema: Sugar debe estar en inglés 
> no 
> orixinal, keme está en castelán, polo que a non ser que teñas unha tm 
> psiquedélica pouco irei poder aproveitar.
Umm, pois si.
Pero seguro que se pode automatizar dalgún xeito...
Por certo, se tal botoche unha man en mirar esa tradución.
De onde se baixa o fichiro(s).


Saúdos e boas festas.

> 
> > Pero si me funciona coa máquina virtual de IBM nun ppc G4 con debian.
> Por min non hai problema, para o keme pensaba usar un G4 con jaguar.
> 
> 
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego


Reply via email to