Keko: 5/5
Outros: 0/0
Votaron: damufo, ifrit, David, Leandro, Méixome

O seguinte desfogo podédelo obviar.

Efectivamente tameń creo que hai que dar saída a esta etapa; a
candidatura de Keko é unha boa opción en si mesma.
Por outro lado, agradezo a Manuel a súa dispoñibilidade incondicional.

Aposto pola transversalidade do traballo de localización.
Parécenme superpertinentes os apuntamentos de Manuel sobre a utilidade
de integrar os futuros tradutores profesionais
en formación así como en ter unha coordinación lingüística en paralelo
á de enxeñaría e institucional de Mozilla.
En xeral, o tradutor como mediador e non como creador.

O seguimento do traballo concreto é preferible facelo na propia lista
como di damufo tamén. A función fundamental de
coordinación debe ser formar aos seguintes coordinadores. A
sustentabilidade, mesmo a rotación. Hai moitos outros aspectos que
pode/deben
ir por outro lado e creo que todos somos conscientes desa
complementariedade de grupos e persoas.

Debido ao meu compromiso con openoffice, non podo participar en
Mozilla como o fixen noutras circunstancias
pero xuntos somos algo, somos útiles e o traballo paga a pena, mentres
cada un polo seu lado non é ninguén.

Todo se andará se compartimos o estrito respecto polas persoas e o
amor polo noso idioma, que son as cousas que nos xuntan aquí.

Persoalmente,

Antón




2010/3/25 Jesús <xermolinho en gmail.com>:
> Coido que se ninguén di nada en contra despois da Semana Sanat Keko
> debería asumir a coordinación e tirar para adiante.
>
> ifrit
>
> 2010/3/23 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>>> Eu tan só quero dicir que penso que se non hai opinións en contra da
>>> candidatura de Keko, pois xa está, non?
>>>
>>> Dígoo porque penso que a maioría da xente da lista non vai emitir voto....
>>>
>>> pero é unha opinión, en calquera caso eu tamén apoio a candidatura de 
>>> Keko.
>>>
>>> Penso que o importante é rematar con este debate canto antes, polo que 
>>> apoio
>>> a idea de poňer como data límite até fin de mes.
>>
>> Se hai que votar para acabar xa ca indecisión esta dunha vez, pois
>> voto. Aínda así non considero que o meu teña especial valor dada a
>> miña pouca participación na tradución de Mozilla nos últimos cinco
>> anos.
>>
>> Keko: 4/4
>> Outros: 0/0
>> Votaron: damufo, ifrit, David, Leandro
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> ====================
> Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
> Visit our blog of fast food of the world: http://capitulocerdo.blogaliza.org
> Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
> Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
Leader of openOffice.org GL
http://gl.openoffice.org

Reply via email to