> A min gustoume o ofrecemento de trasno a levar a coordinación.

O ofrecemento segue en pé. Que se ocupe a Asoc. Trasno estaría pensado para 
dar estabilidade ao tema das coordinacións ao longo do tempo e evitar os 
sobresaltos de cambios de administracións. Queda nas vosas mans que me digades 
si ou non. 

Xa que vin que non había unha proposta clara, eu propuxen un coordinador cun 
perfil técnico que sei que é capaz de se afacer con todo o traballo duro que 
Mozilla esixe (no aspecto técnico e no mantemento, senón mirade: 
http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl ); pero é algo que se pode 
debater sen problema ningún.

Responderlle a