Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro quedou
co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista de
termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
faríamos mellor se a levásemos preparada.
Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois das
20.00, aparecen no fondo.
Xosé

Discusión de terminoloxía
Cuestións de estilo a debater ao comezo

*****Terminación en -bel/-ble
+ Decisión: Prefírese -bel/-beis.
+ Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
+ Decisión por unanimidade

*****dende/desde
+ Decisión: Só "desde"; "dende" é incorrecto
+ Razóns: "dende" é dialectal e "desde" é a forma padrón.
+ Decisión por unanimidade

*****Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
+ Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que elaborar
unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son os
apropiados.
+ Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos: non
son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao final).
Hai dúbidas.
+ Decisión por ?

*****Remove, delete, erase, clean
+ Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
  Remove: Retirar
  Delete: Eliminar
  Erase: Borrar
  Clean: Limpar

***** firewall: devasa
+ Decisión: "firewall" tradúcese como "devasa"
  "cortalumes" é un castelanismo; "firewall" é un anglicismo que hai que
explicar (polo tanto, ineficaz).
+ Razóns: Os "firewall" realizan funcións que se describen con esta
metáfora; en galego, ao termo "firewall" correspóndelle "devasa", que
carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo é
moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.

*****password, passphrase
+ Decisión: "password" tradúcese como "contrasinal" (substantivo masculino);
passphrase: frase de paso
+ Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que indica
a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser máis
longa que a primeira. "Contrasinal" é o termo empregado tradicionalmente na
tradución de "password"; "frase de paso", aínda que non mantén a relación
morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous conceptos.

*****keyword
+ Decisión:
  keyword: "palabra clave" no contexto de buscas. Unha "keyword" é unha
palabra que é relevante nun contexto.
  keyword: "palabra chave" para accesos. Unha "keyword" é como un
"contrasinal".
+ Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
tradución de "keyword" como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal, ou
unha clave remiten a un segredo, mentres que "chave" se refire a algo
físico, como un ficheiro.


*****update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
+ Decisión:
  update: actualizar, actualización
  upgrade: anovar, anovación
  downgrade: reverter, reversión
+ Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras posibilidades
para "downgrade", como "retroceder".

*****rollback
+ Decisión: rollback: regresión, regresar
+ Razóns: é un termo distinto dos utilizados para update/upgrade/downgrade
que pode transmitir a idea dun proceso incompleto do que se volve.

*****commit
+ Decisión: commit: remitir, remisión
+ Razóns: correspondencia perfecta entre os termos

*****encrypt/encryption/decrypt/decryption
+ Decisión:
  encrypt: cifrar
  encryption: cifrado
  decrypt: descifrar
  decryption: descifrado
+ Razóns: Fundamentalmente, hai que acabar coa tradución por "encriptar",
que, literalmente, significa "meter nunha cripta".

*****username/user name/login name/login/log in/log off/logon/log
on/logout/log out/sign in/sign off/sign on/sign out/sign up/register/create
account
+ Decisión:
  Concepto "crear unha conta que permita un acceso con determinados
privilexios" (sign up, register): crear unha conta
  Concepto "Acceder coas credenciais obtidas con anterioridade" (sign in/on,
log in/on e recíprocos): Acordalo nunha reunión posterior, barallando tal
vez: acceder, entrar/saír
+ Razóns: 1) está claro; para 2) había diversas opcións, como as
mencionadas, e distintos contextos nos que hai que probar se se pode
"entrar", etc.

*****username/user name/login name/login:
+ Decisión: username: nome de usuario
+ Razóns: Hai que unificar todos estes termos que teñen unha razón histórica
no inglés pero non para nós. Hai que ter en conta no futuro a diferenza
entre nome de usuario, como "xosecalvo" (que é unha secuencia de caracteres
que utilizo en diversos lugares) e outro nome, para que o que aínda non
decidimos nada, como "Xosé" (que é como me chama todo o mundo) ou "Francisco
José" (que é o que pon na miña partida de nacemento), ambos os dous que podo
utilizar para me identificar en determinados servizos.

*****applet
+ Decisión: applet: miniaplicativo
+ Razóns: application: aplicativo; applet: miniaplicativo. Non se
consideraron alternativas porque a utilización de "mini-" aquí é produtiva e
porque se considera necesario traducir "applet" e non o deixar en inglés.

*****widget, gadget, desklet, docklet
+ Decisión: widget, gadget, desklet, docklet: trebello
+ Razóns: "trebello" é un termo utilizado nas webs en galego para describir
esta funcionalidade. Todas estas variantes, e outras que, seguro, aparecerán
no futuro, son diferenciacións máis ben de entorno de traballo que de
funcionalidade real. Un caso especial é "plasmoid: plasmoide" porque fai
referencia a unha tecnoloxía específica, Plasma. Deberíase entender que a
descrición dun "plasmoide" indicaría que se trata dun "trebello".

*****clipboard
+ Decisión: clipboard: portapapeis
+ Razóns: Un "clipboard" fai referencia a un obxecto que, como en español,
chámase "portapapeis". "Portarretallos" é un lusismo porque "retallo"
significa (ponde aqui o que sexa, o digalego non funciona agora mesmo).

*****gradient
+ Decisión:
  En contextos claramente matemáticos: gradient: a gradiente (feminimo)
  En contextos de cores: gradación
+ Razóns: unha gradiente, en matemáticas, é un valor que reflicte o cambio
nun campo vectorial. Ao falarmos de imaxes, que é o máis frecuente
(programas de deseño ou de retoque fotográfico) referímonos a unha
"gradación" ou conversión paulatina dunha cor noutra cor. "degradado" e
"degradación" describen unha perda de cualidades. "degradado" é tamén unha
técnica utilizada na creación artística para rebaixa o valor dun atributo.

*****highlight
+ Decisión: hightlight: realzar, realce
+ Razóns:

*****file/archive
+ Decisión:
  file: ficheiro
  archive: arquivo, arquivar
  file (verbo), como en "file a report": enviar un informe de erro; informar
dun erro -- por decidir
+ Razóns: A diferenza entre un ficheiro normal (file) e un comprimido
(archive), polo menos aos ollos dun usuario, é clara.

*****bug report
+ Decisión: provisorialmente: bug report: informe de erro -- para o futuro,
ver se é erro ou fallo ou falla
+ Razóns: Existen dúbidas sobre se "fallo" é realmente galego

*****file package
+ Decisión: file package: paquete de ficheiros
+`Razóns: tradución normal (non é "ficheiro de paquetes").

*****About
+ Decisión: about: Sobre (tamén, como opción estilística, "verbo de")
+ Razóns: "acerca de" é un castelanismo.

*****environment
+ Decisión: environment: entorno
+ Razóns: "ambiente", nas acepcións de "ambiente de traballo" ou "bon
ambiente" é un castelanismo e nas súas acepcións pre-informáticas non inclúe
unha interface e uns procedementos asociados (nótese a miña oposición a este
reducionismo). "contorno" describe só o espazo que arrodea ao lugar no que
se fala e "contorna" o que arrodea o "contorno". Mmmm.

*****height/width/length
+ Decisión: adiar a decisión para unha próxima reunión
+ Razóns: a multiplicidade de traducións posíbeis e válidas:
  height: alto, altura
  width: largo, largura, ancho, anchura; fondo
  lenght: longo

*****empty
+ Decisión: empty: baleiro, baleirar
+ Razóns: prefírese esta tradución a "vaciar". Hai que evitar o erro de
escribilos con "v

*****history
+ Decisión: history: historial
+ Razóns:

*****library
+`Decisión: library: biblioteca
+ Razóns: unha "biblioteca" é o lugar ao que se vai consultar algo;
"libraría" é, tamén neste caso, un falso amigo.

*****bookmark
+ Decisión: bookmark: marcador, marcar
+ Razóns: É tamén o que se utilizar para os libros e o utilizado
tradicionalmente para este concepto.

*****buffer
+ Decisión: buffer: búfer (substantivo), gardar no búfer (verbo)
+ Razóns:


*****change
+ Decisión: cambiar, cambio
+ Razóns: Hai que uniformizar, polo que se escolle esta e non trocar, mudar
ou modificar, que poderían ser válidas.

*****edit
+ Decisión: edit: editar, edición
+ Razóns: É unha tradución estendida desde hai tempo; hai que promover a
extensión semántica deste termo para que inclúa a modificación dun ficheiro.

*****close
+ Decisión: close: pechar
+ Razóns: Prefírese pechar a cerrar e a fechar; este último termo inclúe o
matiz de "pechar con chave".

****develop
+ Decisión:
  develop: desenvolver
  developer: desenvolvedor
  development: desenvolvemento
+ Razóns:

*****daemon
+ Decisión: decidirase noutra reunión.
+ Razón: daemon é un acrónimo; o seu significado é "servizo".

*****provide
+ Decisión:
  provide: fornecer
  provider: fornecedor
+ Razóns: É a tradución acaída.

*****replace
+ Decisión: replace: substituír; substitución
+ Razóns: É a tradución acaída. Para outra reunión hai que confirmar se
existen casos que obriguen a incluír "substituto".

*****application
+ Decisión: application: aplicativo
+ Razóns:


*****disable/enable
+ Decisión: disable/enable: activar/desactivar
+ Razóns:

*****font
+ Decisión: font: tipo de letra / letra (segundo o contexto, preferir a
forma abreviada)
+ Razóns:

*****redo, undo
+ Decisión:
  redo: refacer
  undo: desfacer
+ Razóns: É o uso habitual. Non teñen aparecido alternativas.

*****driver
+ Decisión: controlador
+ Razóns:

*****icon
+ Decisión: a icona
+ Razóns:

*****item
+ Decisión: item: elemento
+ Razóns:

*****initilize
+ Decisión:initilize: inicializar, initialization: inicialización
+ Razóns: cómpre distinguir entre iniciar un aplicativo e darlle a este os
seus valore iniciais, que é o que indican estes termos.

*****launch, launcher
+ Decisión: iniciar, iniciador
+ Razóns: "lanzar", o falso amigo, é outra cousa.

*****retry
+ Decisión: retry: tentar de novo
+ Razóns: Reintentar tamén sería válido

***** landscape/portrait
+ Decisión:
  fotografía: paisaxe/retrato
  tipografía: natural/apaisado
  neutro: vertical/horizontal
+ Razóns: Usos específicos desta terminoloxía

*****rename
+ Decisión: rename: renomear
+ Razóns: Tradución inmediata; "mudar o nome" é longo de máis

*****audio
+ Decisión: audio, sound: son
+ Razóns:

*****support
+ Decisión:
  support (vb): ser compatíbel con, admitir, permitir utilizar, incluír
  support (n): asistencia técnica (prestar)
+ Razóns: o falso amigo "soportar" non admite os sentidos orixinais.
Habitualmente hai que recorrer a reelaborar o texto cunha estrutura distinta
baseándose nas expresións suxeridas. No caso do substantivo, a solución
tradicional é "asistencia técnica".

*****check
+ Decisión: check: comprobar (verificar é comprobar se algo é verdadeiro ou
falso), revisar (se algo está ben), corrixir, marcar (unha opción)
+ Razóns:

checkbox: caixa de selección? -- hai que estudar as distintas posibilidades
existentes nas GUI
checksum: suma de comprobación, non "suma de verificación"

Deron as 8 e eu funme *********************************************
O que segue é a lista que tíñamos para discutir e que non se tratou.

    path (trust path/debuxo vectorial/ruta)
    chat (verbo e substantivo)
    download/upload (verbo e substantivo)
    «host»/«computer»/«hostname»
    case sensitive
    match case
    match (verbo/substantivo)
    port/backport (verbo/substantivo: portaxe e porto) (adaptar?, migrar?)
    enter (tecla)
    Nomes de teclas (shift, insert, end, arrow key, ...)

Todos estes termos e máis están en:
https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?hl=en&authkey=CPG9uaIG
Lista de termos sinxelos

Máis en Glosario de termos frecuentes de Trasno -> lista simplificada en
https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?hl=en&authkey=CPG9uaIG


    pause (verbo/substantivo)
    underline (verbo/substantivo)
    blog (substantivo)
    blog/post (verbo)
    post (substantivo)
    hide/show/print
    launcher
    paste
    set/reset (verbo/substantivo)
    view (verbo/substantivo)
    viewer
    skip
    resize (verbo/substantivo)
    scale (verbo/substantivo)
    release (verbo/substantivo)
    rotate
    query (verbo/substantivo)


    Pechar discusión «complemento» e «engadido» (mirar no gdoc)

Frases feitas

(ficheiro aa_frases_e_estruturas_repetitivas.txt)

    Exporting the certificate failed.
    Failed to delete the file.
    Cannot modify the file.
    Couldn't open %s.
    "Could not display help document '%s'"
    DVD successfully copied
    Source file updated successfully.
    Are you sure you want to download the file?

    «Ten a certeza»
    «Está seguro de que»

    Error compiling translation file.
    An error occurred while running
    "There was an error loading moon image: %s"
    Resource cannot be locked
    Lock removed.

    «Bloqueo eliminado»
    «Eliminouse o bloqueo»

    Sorry, but you need to send a POST request.



    backend/frontend

    online/offline (verbo/substantivo)


    Accións sobre as xanelas (maximize, unmaximize, minimize, shade, roll
up, ...)
    Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools, window, options,
preferences, ...)    attach/attachment (no significado de conectar
periféricos, p.ex.)
    detach(enchufar cables, desprender widgets de dock, ¿desasociar unha
cousa de outra?)
    tab(tablature) (para rematar con «tab»)
    abort/cancel
   removable device
    request (verbo/substantivo)
    occurrence/occurence
    bold
    preview (verbo/substantivo):
Lista de termos a discutir
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a