Tal e como está nas notas de Xosé non se fixo (nin fai) ningunha relación a
fixar  file→enviar

*****file/archive
+ Decisión:
 file: ficheiro
 archive: arquivo, arquivar
* file (verbo), como en "file a report": enviar un informe de erro; informar
dun erro -- por decidir*
+ Razóns: A diferenza entre un ficheiro normal (file) e un comprimido
(archive), polo menos aos ollos dun usuario, é clara.

*****bug report
+ Decisión: provisorialmente: bug report: informe de erro -- para o futuro,
ver se é erro ou fallo ou falla
+ Razóns: Existen dúbidas sobre se "fallo" é realmente galego


 «bug report» = «informe de erro» chegouse a fixar?  → entendo que SI

«file package» = «paquete de ficheiros» era un discusión para fixar ou era
unha destas discusión derivadas?   → entendo que aínda que foi derivada SI
se fixou

«daemon»  chegouse a decidir algo?  → entendo que NON, na miña opinión
quedou no aire se mantre daemon ou camiñar a servizo, e que agás ANtón naide
se plantexa o termo demo/demoño

«initialize» = «inicializar» falouse e chegouse a fixar?  → entendo que SI

«initialization» = «inicialización» falouse e chegouse a fixar?  → entendo
que SI

«support» = «incluír» de onde sae isto? entendo que xa que support non pode
ter unha tradución máis concreta, agás que nunca é "soporte/soportar", pode
que alguén coñexa algún caso en que acaia ben, eu nunca o atopei :-)

2011/5/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> Ola,
> teño case rematado o glosario cos acordos en formato TBX, pero sen
> xustificacións, nin definicións nin traducións prohibidas, o que me
> levará algunhas semanas máis poñerlle. Necesitaría que se aclararan as
> dúbidas sobre estes puntos que vin nas notas de Xosé antes de
> enviarvos o TBX con todos os acordos e que vos poñades a traballar:
>
> * «file = «enviar» quedou fixado?
> * «bug report» = «informe de erro» chegouse a fixar?
> * «file package» = «paquete de ficheiros» era un discusión para fixar
> ou era unha destas discusión derivadas?
> * «daemon»  chegouse a decidir algo?
> * «initialize» = «inicializar» falouse e chegouse a fixar?
> * «initialization» = «inicialización» falouse e chegouse a fixar?
> * «retry» chegouse a decidir algo?
> * «support» = «incluír» de onde sae isto?
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a