2011/5/30 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
> refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro quedou
> co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
> quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista de
> termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
> faríamos mellor se a levásemos preparada.

Creo que no futuro vai ser mellor que cada un de nós envíe cinco
cousas para discutir e fago eu unha lista. Malo será que así nin
sequera as investiguemos un pouco. Ademais así tocaremos os temas que
máis vos afecten.

En todo caso intentarei meter as discusións importantes que quedaron
desta Trasnada, como «path».

Pasouseme rexistrar algunhas cousas. Creo que foi debido a que mentres
estaba intentando anotar algún acordo a xente seguiu para adiante
discutindo. Haberá que buscar algunha maneira de mellorar isto,
quizais ca reunión levada por dúas persoas, unha para rexistrar os
acordos e outra para guiar a discusión e detela cando se rexistra
algún acordo.

> Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
> algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
> proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
> adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois das
> 20.00, aparecen no fondo.
> Xosé

Moitas grazas. Mirei por riba e comentas xustificacións que non lembraba.

> Discusión de terminoloxía
> Cuestións de estilo a debater ao comezo
>
> *****Terminación en -bel/-ble
> + Decisión: Prefírese -bel/-beis.
> + Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
> segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
> adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
> lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
> + Decisión por unanimidade
>
> *****dende/desde
> + Decisión: Só "desde"; "dende" é incorrecto
> + Razóns: "dende" é dialectal e "desde" é a forma padrón.
> + Decisión por unanimidade
>
> *****Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
> + Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que elaborar
> unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son os
> apropiados.
> + Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos: non
> son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao final).
> Hai dúbidas.
> + Decisión por ?

Decidiuse a forma «Tab», «Maiús». Enviarei noutro fío un TBX no que
agrupei as listas de nomes de teclas que atopei en dúas guías de
estilo e que teño en TBX. Podemos empezar a traballar sobre esa base,
pero máis alá de enviarvos ese TBX non me comprometo a máis que co
traballo que xa tiña e o de redactar os acordos da Trasnada xa teño
para varias semanas.



> *****Remove, delete, erase, clean
> + Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
>   Remove: Retirar
>   Delete: Eliminar
>   Erase: Borrar
>   Clean: Limpar

Eu teño anotado que se fixaba como consenso e que se usaria desde xa.
Se aparecía algún problema avisariase na lista e inmediatamente se
suspendería a implantación deste acordo ata a súa discusión urxente na
próxima Trasnada. Hai que comentar que esta proposta é de Bouzada e
Méixome que a probaron durante algún tempo sen ter atopado problemas.

> ***** firewall: devasa
> + Decisión: "firewall" tradúcese como "devasa"
>   "cortalumes" é un castelanismo; "firewall" é un anglicismo que hai que
> explicar (polo tanto, ineficaz).
> + Razóns: Os "firewall" realizan funcións que se describen con esta
> metáfora; en galego, ao termo "firewall" correspóndelle "devasa", que
> carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo é
> moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.
>
> *****password, passphrase
> + Decisión: "password" tradúcese como "contrasinal" (substantivo masculino);
> passphrase: frase de paso
> + Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
> palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que indica
> a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser máis
> longa que a primeira. "Contrasinal" é o termo empregado tradicionalmente na
> tradución de "password"; "frase de paso", aínda que non mantén a relación
> morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous conceptos.
>
> *****keyword
> + Decisión:
>   keyword: "palabra clave" no contexto de buscas. Unha "keyword" é unha
> palabra que é relevante nun contexto.
>   keyword: "palabra chave" para accesos. Unha "keyword" é como un
> "contrasinal".
> + Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
> tradución de "keyword" como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal, ou
> unha clave remiten a un segredo, mentres que "chave" se refire a algo
> físico, como un ficheiro.
>
>
> *****update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
> + Decisión:
>   update: actualizar, actualización
>   upgrade: anovar, anovación
>   downgrade: reverter, reversión
> + Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras posibilidades
> para "downgrade", como "retroceder".
>
> *****rollback
> + Decisión: rollback: regresión, regresar
> + Razóns: é un termo distinto dos utilizados para update/upgrade/downgrade
> que pode transmitir a idea dun proceso incompleto do que se volve.
>
> *****commit
> + Decisión: commit: remitir, remisión
> + Razóns: correspondencia perfecta entre os termos
>
> *****encrypt/encryption/decrypt/decryption
> + Decisión:
>   encrypt: cifrar
>   encryption: cifrado
>   decrypt: descifrar
>   decryption: descifrado
> + Razóns: Fundamentalmente, hai que acabar coa tradución por "encriptar",
> que, literalmente, significa "meter nunha cripta".

Ou acabar tamén con «cifraxe».

> *****username/user name/login name/login/log in/log off/logon/log
> on/logout/log out/sign in/sign off/sign on/sign out/sign up/register/create
> account
> + Decisión:
>   Concepto "crear unha conta que permita un acceso con determinados
> privilexios" (sign up, register): crear unha conta
>   Concepto "Acceder coas credenciais obtidas con anterioridade" (sign in/on,
> log in/on e recíprocos): Acordalo nunha reunión posterior, barallando tal
> vez: acceder, entrar/saír
> + Razóns: 1) está claro; para 2) había diversas opcións, como as
> mencionadas, e distintos contextos nos que hai que probar se se pode
> "entrar", etc.
>
> *****username/user name/login name/login:
> + Decisión: username: nome de usuario
> + Razóns: Hai que unificar todos estes termos que teñen unha razón histórica
> no inglés pero non para nós. Hai que ter en conta no futuro a diferenza
> entre nome de usuario, como "xosecalvo" (que é unha secuencia de caracteres
> que utilizo en diversos lugares) e outro nome, para que o que aínda non
> decidimos nada, como "Xosé" (que é como me chama todo o mundo) ou "Francisco
> José" (que é o que pon na miña partida de nacemento), ambos os dous que podo
> utilizar para me identificar en determinados servizos.
>
> *****applet
> + Decisión: applet: miniaplicativo
> + Razóns: application: aplicativo; applet: miniaplicativo. Non se
> consideraron alternativas porque a utilización de "mini-" aquí é produtiva e
> porque se considera necesario traducir "applet" e non o deixar en inglés.
>
> *****widget, gadget, desklet, docklet
> + Decisión: widget, gadget, desklet, docklet: trebello
> + Razóns: "trebello" é un termo utilizado nas webs en galego para describir
> esta funcionalidade. Todas estas variantes, e outras que, seguro, aparecerán
> no futuro, son diferenciacións máis ben de entorno de traballo que de
> funcionalidade real. Un caso especial é "plasmoid: plasmoide" porque fai
> referencia a unha tecnoloxía específica, Plasma. Deberíase entender que a
> descrición dun "plasmoide" indicaría que se trata dun "trebello".
>
> *****clipboard
> + Decisión: clipboard: portapapeis
> + Razóns: Un "clipboard" fai referencia a un obxecto que, como en español,
> chámase "portapapeis". "Portarretallos" é un lusismo porque "retallo"
> significa (ponde aqui o que sexa, o digalego non funciona agora mesmo).
>
> *****gradient
> + Decisión:
>   En contextos claramente matemáticos: gradient: a gradiente (feminimo)
>   En contextos de cores: gradación
> + Razóns: unha gradiente, en matemáticas, é un valor que reflicte o cambio
> nun campo vectorial. Ao falarmos de imaxes, que é o máis frecuente
> (programas de deseño ou de retoque fotográfico) referímonos a unha
> "gradación" ou conversión paulatina dunha cor noutra cor. "degradado" e
> "degradación" describen unha perda de cualidades. "degradado" é tamén unha
> técnica utilizada na creación artística para rebaixa o valor dun atributo.

No seu momento decidín non incluír «gradiente» por ser algo referente
a matemáticas que non vemos a miúdo. Pero como parece que ao final si
se discutiu terei que metelo tamén.

> *****highlight
> + Decisión: hightlight: realzar, realce
> + Razóns:

Esta, como outras cousas non se chegou a xustificar, simplemente se
viron as opcións e se decidiu. Neste caso en particular creo que foi
así porque eran as opcións de uso máis espallado, e ademais aparecían
en todos os glosarios para os que había resultados de «highlight», e
porque non había problemas con estas opcións.

> *****file/archive
> + Decisión:
>   file: ficheiro
>   archive: arquivo, arquivar
>   file (verbo), como en "file a report": enviar un informe de erro; informar
> dun erro -- por decidir

Eu teño rexistrado que se decidiu «enviar». Que alguén confirme isto, por favor.

Ademais file: arquivar

> + Razóns: A diferenza entre un ficheiro normal (file) e un comprimido
> (archive), polo menos aos ollos dun usuario, é clara.

Máis que comprimido, empaquetado, como con tar.

> *****bug report
> + Decisión: provisorialmente: bug report: informe de erro -- para o futuro,
> ver se é erro ou fallo ou falla
> + Razóns: Existen dúbidas sobre se "fallo" é realmente galego

Eu teño anotado que isto quedou para a seguinte Trasnada porque non
había decisión sobre «bug» e considerouse que non se dispoñia da
suficiente información para decidir alí, entre outras cousas por iso
de «fallo». É dicir, hai que fixar antes «bug».

> *****file package
> + Decisión: file package: paquete de ficheiros
> +`Razóns: tradución normal (non é "ficheiro de paquetes").

Isto foi un comentario de Bouzada que non se chegou a discutir, ou si?

> *****About
> + Decisión: about: Sobre (tamén, como opción estilística, "verbo de")
> + Razóns: "acerca de" é un castelanismo.

Porei o «verbo de».

> *****environment
> + Decisión: environment: entorno
> + Razóns: "ambiente", nas acepcións de "ambiente de traballo" ou "bon
> ambiente" é un castelanismo e nas súas acepcións pre-informáticas non inclúe
> unha interface e uns procedementos asociados (nótese a miña oposición a este
> reducionismo). "contorno" describe só o espazo que arrodea ao lugar no que
> se fala e "contorna" o que arrodea o "contorno". Mmmm.
>
> *****height/width/length
> + Decisión: adiar a decisión para unha próxima reunión
> + Razóns: a multiplicidade de traducións posíbeis e válidas:
>   height: alto, altura
>   width: largo, largura, ancho, anchura; fondo
>   lenght: longo

A min matoume iso da diferencia entre 2 dimensións e 3 dimensións.
Esta hai que levala ben preparada.

> *****empty
> + Decisión: empty: baleiro, baleirar
> + Razóns: prefírese esta tradución a "vaciar". Hai que evitar o erro de
> escribilos con "v
>
> *****history
> + Decisión: history: historial
> + Razóns:

Non usar nin «historia» nin «histórico»

> *****library
> +`Decisión: library: biblioteca
> + Razóns: unha "biblioteca" é o lugar ao que se vai consultar algo;
> "libraría" é, tamén neste caso, un falso amigo.
>
> *****bookmark
> + Decisión: bookmark: marcador, marcar
> + Razóns: É tamén o que se utilizar para os libros e o utilizado
> tradicionalmente para este concepto.
>
> *****buffer
> + Decisión: buffer: búfer (substantivo), gardar no búfer (verbo)
> + Razóns:

Basicamente xa se acordara hai tempo nas roldas.

> *****change
> + Decisión: cambiar, cambio
> + Razóns: Hai que uniformizar, polo que se escolle esta e non trocar, mudar
> ou modificar, que poderían ser válidas.
>
> *****edit
> + Decisión: edit: editar, edición
> + Razóns: É unha tradución estendida desde hai tempo; hai que promover a
> extensión semántica deste termo para que inclúa a modificación dun ficheiro.
>
> *****close
> + Decisión: close: pechar
> + Razóns: Prefírese pechar a cerrar e a fechar; este último termo inclúe o
> matiz de "pechar con chave".
>
> ****develop
> + Decisión:
>   develop: desenvolver
>   developer: desenvolvedor
>   development: desenvolvemento
> + Razóns:

Porque son as únicas opcións válidas posibles en galego.

> *****daemon
> + Decisión: decidirase noutra reunión.
> + Razón: daemon é un acrónimo; o seu significado é "servizo".

Eu non teño constancia de que se decidira noutra reunión, senón nas
roldas. Púxena porque cría que era chegar e aprobar, pero houbo
desacordos, ou iso teño anotado e non se chegou a nada. Se non é así
tirádeme das orellas (figuradamente).

> *****provide
> + Decisión:
>   provide: fornecer
>   provider: fornecedor
> + Razóns: É a tradución acaída.

Non se chegou a xustificar por que non se usaron «prover» ou
«provedor», pero aprobouse por unanimidade.

> *****replace
> + Decisión: replace: substituír; substitución
> + Razóns: É a tradución acaída. Para outra reunión hai que confirmar se
> existen casos que obriguen a incluír "substituto".
>
> *****application
> + Decisión: application: aplicativo
> + Razóns:
>
>
> *****disable/enable
> + Decisión: disable/enable: activar/desactivar
> + Razóns:
>
> *****font
> + Decisión: font: tipo de letra / letra (segundo o contexto, preferir a
> forma abreviada)
> + Razóns:

En contextos como «font size»=«tamaño da letra», por exemplo. Quedou
para futuras reunións fixar a tradución para todas estas combinacións
de «font».

> *****redo, undo
> + Decisión:
>   redo: refacer
>   undo: desfacer
> + Razóns: É o uso habitual. Non teñen aparecido alternativas.
>
> *****driver
> + Decisión: controlador
> + Razóns:
>
> *****icon
> + Decisión: a icona
> + Razóns:
>
> *****item
> + Decisión: item: elemento
> + Razóns:
>
> *****initilize
> + Decisión:initilize: inicializar, initialization: inicialización
> + Razóns: cómpre distinguir entre iniciar un aplicativo e darlle a este os
> seus valore iniciais, que é o que indican estes termos.

Isto tampouco o teño rexistrado, seguro que se chegou ao acordo final?

> *****launch, launcher
> + Decisión: iniciar, iniciador
> + Razóns: "lanzar", o falso amigo, é outra cousa.

E «inicio» tamén.

> *****retry
> + Decisión: retry: tentar de novo
> + Razóns: Reintentar tamén sería válido

Aquí non houbo acordo.

> ***** landscape/portrait
> + Decisión:
>   fotografía: paisaxe/retrato
>   tipografía: natural/apaisado
>   neutro: vertical/horizontal
> + Razóns: Usos específicos desta terminoloxía
>
> *****rename
> + Decisión: rename: renomear
> + Razóns: Tradución inmediata; "mudar o nome" é longo de máis
>
> *****audio
> + Decisión: audio, sound: son
> + Razóns:

A razón é unha tradución única en vez de dúas, e «son» é evidentemente
o nome en galego para este concepto.

> *****support
> + Decisión:
>   support (vb): ser compatíbel con, admitir, permitir utilizar, incluír

De onde saíu «incluír»?

>   support (n): asistencia técnica (prestar)
> + Razóns: o falso amigo "soportar" non admite os sentidos orixinais.
> Habitualmente hai que recorrer a reelaborar o texto cunha estrutura distinta
> baseándose nas expresións suxeridas. No caso do substantivo, a solución
> tradicional é "asistencia técnica".
>
> *****check
> + Decisión: check: comprobar (verificar é comprobar se algo é verdadeiro ou
> falso), revisar (se algo está ben), corrixir, marcar (unha opción)
> + Razóns:
>
> checkbox: caixa de selección? -- hai que estudar as distintas posibilidades
> existentes nas GUI

Non se chegou a nada con isto, e quedou adiado.

> checksum: suma de comprobación, non "suma de verificación"

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a