Algunhas cuestións:

Se ben é certo que  ninguén morreu por desconfiado, ou iso din, nen sempre 
acerta quen pensa mal. Lembremos por exemplo como no affaire OpenOffice se 
levantaron suspeitas contra Roberto Brenlla e Agnix, suspeitas que non se 
confirmaron xa que non se apresentou con nengunha empresa ao concurso.

Non sei se algunha vez foi certo o dito "o bon pano vende-se na arca", mais 
hoxe en dia é máis falso que unha moeda de 3 euros. Trasno, sen chegar a ser 
un proxecto clandestino como foi ceibe :), peca por falta de publicidade. A 
sua web non reflecte ben o traballo feito, e até ha pouco daba a impresión do 
proxecto estar morto, é falso xa o sei, mais esa era a impresión que daba. 
Outros proxectos teñen webs con actualizacións diárias, e xente detrás que se 
toma o traballo de ir a xornadas, falan con quen os queira escoitar, e 
loxicamente teñen moita mais visibilidade.

Este governo da Xunta ten unha postura favorábel ao software libre (SL), en 
clarísimo contraste co anterior. Ademais pula polo SL en galego. E isto, unha 
vez superados os malentendidos e omisións, é unha moi boa noticia para os que 
estamos nesta lista, penso eu. Outra cousa é como coordenar esforzos, e como 
facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente labor dos tradutores 
trásnicos (ou trasnenses).

Por que o labor da administración galega a prol do SL fai-se na Consellaria de 
Inovación e Indústria?. Se cadra porque é parte da mesma a Dirección Xeral 
de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Se cadra porque o 
conselleiro é do BNG, e o PSOE galego non está entusiasmado co SL, a 
diferenza do PSOE noutras partes e España. Eu desexaria que todas as 
consellarias apoiaran sen reservas o SL, mas en todo caso acho que a 
Consellaria de Inovación e Indústria non é mal sítio. 

A nível global o movimento de SL é unha mistura de voluntários e empresas. Eu 
non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL están 
pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o seu apoio 
o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que o SL triunfe 
vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que estas empresas 
deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a unha boa 
relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.

Por último, in my not so humble opinion,  para a reunión coa consellaria seria 
imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos 
subproxectos GNOME, KDE e Mandriva. Pode estar mais xente, mais se ha MOITA 
MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.

Ramon Flores
(http://ramonflores.br.tripod.com/)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a