El miércoles, 16 de agosto de 2006 a las 23:14:54 +0200, Luisiño escribía:

> Noutros programas (ex. WinXP en galego) toman como tradución de proxy
> a de servidor mandatario (coma no francés, serveur mandataire) no
> canto de proxy, que é a que se emprega no castelán e no inglés.

 Non lle fagades caso ao francés, que por ese camiño si que se fan gordas (*).

 Un "proxy" en inglés é un apoderado, coma o señor que se encarga de coidar
dos intereses de outra persoa con autorización para actuar no seu nome.

 Un "mandataire" en francés é un representante, ou un delegado, ou un
intermediario. En galego e en castelán, un "mandatario" é alguén que manda.

 (*) Por exemplo, seguro que tedes xa vista nalgunha ocasión a tradución de
"buffer" coma "tampón". Un buffer é un amortecedor, ou un trapo para
pulimentar, ou a máquina de pulimentar, ou a reixa que se pón diante das
locomotoras para apartar os obstáculos que poida haber na vía, ou un dos
topes dos trens, ou unha sustancia que presenta certa resistencia aos
cambios no Ph.

 En francés, "tampon" é un tapón, ou un tampón, ou un anaco de algodón, ou
un selo de goma, ou un amortecedor, ou un tope dos trens, ou a mencionada
sustancia que presenta resistencia, ou máis cousas.

 Así que cando un español viu a palabra "buffer" fóra do contexto dos
amortecedores, probablemente era químico e coñecía as "buffer solutions",
que en francés se dicían "solutions tampon", así que "traduciuno" ao español
coma "solucións tampón", aínda que iso en castelán non significa nada,
porque en castelán un tampón é un selo de goma ou a almofada coa que se
entinta o selo, ou un anaco de algodón co que se tapa unha ferida, ou un
cilindro feito de substancias absorbentes co que se controla o fluxo
menstrual, pero non significa "amortecedor", que é o que significa "buffer"
nese contexto.

 Pero quedoulle "solución tampón" á solución amortecedora.

 E despois chegou outro español que tivo que traducir "buffer" no eido da
informática, e o tipo coñecía o termo "solución tampón" coma "tradución" de
"solución buffer", así que "traduciu" "buffer" coma "tampón".

 E xa vedes como substituimos un anglicismo por un galicismo. E ademáis, mal
substituído.

 Así que non vos guiedes moito polo francés.

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a