> El miércoles, 16 de agosto de 2006 a las 23:14:54 +0200, Luisiño escribía:
>
>> Noutros programas (ex. WinXP en galego) toman como tradución de proxy
>> a de servidor mandatario (coma no francés, serveur mandataire) no
>> canto de proxy, que é a que se emprega no castelán e no inglés.
>
>  Non lle fagades caso ao francés, que por ese camiño si que se fan gordas
> (*).
>
>  Un "proxy" en inglés é un apoderado, coma o señor que se encarga de
> coidar
> dos intereses de outra persoa con autorización para actuar no seu nome.
>
>  Un "mandataire" en francés é un representante, ou un delegado, ou un
> intermediario. En galego e en castelán, un "mandatario" é alguén que
> manda.

Mandatário s. m. (1) Aquele que recebe mandado ou procuraçom de outro para
fazer certa cousa. (2) Delegado, representante [lat. mandatariu].

>
>  (*) Por exemplo, seguro que tedes xa vista nalgunha ocasión a tradución
> de
> "buffer" coma "tampón". Un buffer é un amortecedor, ou un trapo para
> pulimentar, ou a máquina de pulimentar, ou a reixa que se pón diante das
> locomotoras para apartar os obstáculos que poida haber na vía, ou un dos
> topes dos trens, ou unha sustancia que presenta certa resistencia aos
> cambios no Ph.
>
>  En francés, "tampon" é un tapón, ou un tampón, ou un anaco de algodón, ou
> un selo de goma, ou un amortecedor, ou un tope dos trens, ou a mencionada
> sustancia que presenta resistencia, ou máis cousas.
>
>  Así que cando un español viu a palabra "buffer" fóra do contexto dos
> amortecedores, probablemente era químico e coñecía as "buffer solutions",
> que en francés se dicían "solutions tampon", así que "traduciuno" ao
> español
> coma "solucións tampón", aínda que iso en castelán non significa nada,
> porque en castelán un tampón é un selo de goma ou a almofada coa que se
> entinta o selo, ou un anaco de algodón co que se tapa unha ferida, ou un
> cilindro feito de substancias absorbentes co que se controla o fluxo
> menstrual, pero non significa "amortecedor", que é o que significa
> "buffer"
> nese contexto.
>
>  Pero quedoulle "solución tampón" á solución amortecedora.
>
>  E despois chegou outro español que tivo que traducir "buffer" no eido da
> informática, e o tipo coñecía o termo "solución tampón" coma "tradución"
> de
> "solución buffer", así que "traduciu" "buffer" coma "tampón".
>
>  E xa vedes como substituimos un anglicismo por un galicismo. E ademáis,
> mal
> substituído.
>
>  Así que non vos guiedes moito polo francés.

Nem polo castelhano, que parece que é a medida de todas as cousas. Cada
dúvida que temos com o galego, recorremos ao castelhano dialectalizando o
primeiro. Vós veredes.

>
> --
>    Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
>


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a