> El jueves, 17 de agosto de 2006 a las 07:16:33 +0200, Víctor Andrade
> escribía:
>
>> Mandatário s. m. (1) Aquele que recebe mandado ou procuraçom de outro
>> para
>> fazer certa cousa. (2) Delegado, representante [lat. mandatariu].
>
>  Ben, tiña eu razón a medias:
>
> mandatario -a s. 1. Der. Persoa que, mediante o contrato chamado mandato,
> acepta representar a outra nunha xestión ou nun acto xurídico. Por fin, os
> mandatarios chegaron a un acordo sobre o reparto de beneficios na empresa.
> 2. Pol. Titular dun mandato político. Asistiron os presidentes da U.E. e
> outros mandatarios.
>
>  Nembargantes, sigo dicindo que "apoderado" é máis coñecido que
> "mandatario".
>
> apoderado -a adx. 1. Que ten moito poder. Alí estaba a xente máis
> apoderada
> da vila. CF. podente, poderoso. // s. 2. Persoa que ten autorización
> doutra
> para representala e actuar no seu nome. Cando marchou ó estranxeiro deixou
> un apoderado para que se encargase dos seus asuntos.
>
>  (O dicionario é o da RAG).
>
>> >  Así que non vos guiedes moito polo francés.
>> Nem polo castelhano, que parece que é a medida de todas as cousas. Cada
>> dúvida que temos com o galego, recorremos ao castelhano dialectalizando
>> o
>> primeiro. Vós veredes.
>
>  E tede coidado tamén co portugués, que cando vos decatedes non ides
> pronunciar as vogais, ou vocais, ou como as chamen esta semana.

Bem, a minha intençom nom é entrar num debate normativo, apenas fazer
notar que nom se deve pensar em castelhano quando traducimos ao galego, e
que a nossa língua (em qualquer normativa) tem recursos suficientes como
para nom ter que recurrir ao castelhano para todo.

Por certo, a pronúncia é independente da normativa, ti e mais eu falamos
igual ainda que escrevamos distinto. De qualquer jeito terei coidado com o
português, nom seja o demo e acabe cantando fados ;).

>
> --
>    Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
>


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a