Ola, para algunhas cousas si que se poden usar as palabras en galego, pero para outros termos que están en inglés e están moi asentados, igual deberiamos ser un pouco máis flexibles. Iso non quita que cando se poida usar a palabra en galego, se use, ainda que hai casos, coma proxy, nos que ainda hai discusión sobre que tradución é a máis axeitada.
Ata logo, Leandro Regueiro On 8/17/06, Daniel Muñiz Fontoira <dmun...@gmail.com> wrote:
Ola! Eu penso que para as traducións é bo nutrirse de outras linguas: portugues, español, catalá... (a proximidade tamén importa, polo que para min ten mais relevancia saber como se traduce en portugues que en español) E como xa dixen, se hai palabra en galego é mellor usar esa e non a inglesa porque está mais usada, xa que seguindo isto ao final o galego morre, se usamos emai en lugar de correo-e, proxy, firewall... eu penso que hai que usar as galegas e o que non sabe que aprenda, eu incluome. Saudos Víctor Andrade escribió: El jueves, 17 de agosto de 2006 a las 07:16:33 +0200, Víctor Andrade escribía: Mandatário s. m. (1) Aquele que recebe mandado ou procuraçom de outro para fazer certa cousa. (2) Delegado, representante [lat. mandatariu]. Ben, tiña eu razón a medias: mandatario -a s. 1. Der. Persoa que, mediante o contrato chamado mandato, acepta representar a outra nunha xestión ou nun acto xurídico. Por fin, os mandatarios chegaron a un acordo sobre o reparto de beneficios na empresa. 2. Pol. Titular dun mandato político. Asistiron os presidentes da U.E. e outros mandatarios. Nembargantes, sigo dicindo que "apoderado" é máis coñecido que "mandatario". apoderado -a adx. 1. Que ten moito poder. Alí estaba a xente máis apoderada da vila. CF. podente, poderoso. // s. 2. Persoa que ten autorización doutra para representala e actuar no seu nome. Cando marchou ó estranxeiro deixou un apoderado para que se encargase dos seus asuntos. (O dicionario é o da RAG). Así que non vos guiedes moito polo francés. Nem polo castelhano, que parece que é a medida de todas as cousas. Cada dúvida que temos com o galego, recorremos ao castelhano dialectalizando o primeiro. Vós veredes. E tede coidado tamén co portugués, que cando vos decatedes non ides pronunciar as vogais, ou vocais, ou como as chamen esta semana. Bem, a minha intençom nom é entrar num debate normativo, apenas fazer notar que nom se deve pensar em castelhano quando traducimos ao galego, e que a nossa língua (em qualquer normativa) tem recursos suficientes como para nom ter que recurrir ao castelhano para todo. Por certo, a pronúncia é independente da normativa, ti e mais eu falamos igual ainda que escrevamos distinto. De qualquer jeito terei coidado com o português, nom seja o demo e acabe cantando fados ;). -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/ _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno