Perdoade, non vin que xa viña a mensaxe co ficheiro. Vouno revisar agora mesmo.

On 1/20/07, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> wrote:
Si, chamalle gl.po. Revisa a tradución que fixeches tantas veces como
poidas. Non estamos en contra de apoiarnos noutras linguas para
intentar comprender un msgid en inglés, pero non as uses coma base.

Procura empezar de novo co .pot, que non son mais de 300 cadeas, creo.
Comunicate cos desenvolvedores do IceWM e envialles o gl.po cando
remates.

Sobre o de manter a tradución actualizada, pois non sei como fan neste
proxecto pero normalmente é imposible ter a tradución ó 100% a non ser
que esteas traducindo todolos dias e revisando que non cambiaran nada.
Normalmente traducese sobre a versión que eles usan mentres fan o
proxima versión, ou sexa, que a poden cambiar mais de mil veces antes
de sacar a proxima versión. Nalguns proxectos teñen un calendario no
que se conxela a inclusión de novas funcionalidades no código e polo
tanto o cambio dos .pot, dan uns dias para completar as traducións e
despois corrixen erros durante uns dias, e por ultimo empaquetan todo
e xa temos nova versión. Pero isto é variable.

Se ninguén mais se ofrece eu estou disposto a botarlle un ollo, pero
ten que ser nos proximos dias ou hoxe xa, que se me botan enriba os
exames.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

On 1/19/07, José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com> wrote:
> Hum... a verdade é que onte cando cheguei do choio, déuseme por trastear un
> pouco polo disco duro, atopei esto e, sen pensalo moito, collín o .po en
> castelán e púxenme a editalo.
>
> Non teño "prácticamente" (jeje) ningún problema co inglés, simplemente
> collin o de castelán porque, ao ser a segunda lingua que mellor entendo
> despois do galego, pensei que me sería máis sinxelo. Ás veces había
> expresións en inglés que non sabía ben a qué se refería (pasoume cun par
> delas). Ter o castelán debaixo axudoume a "ubicar" o msgstr...
>
> En canto aos castelanismos: case seguro que os vai haber. Xa cando vivía na
> terriña os empregaba tan comúnmente que nin me daba conta... agora que levo
> un par de meses vivindo fora, a cousa pode ser moito... (eu que nunca falara
> en castelán, véxome agora en "Madrí" vivindo, jejeje). Ainda que tentarei
> revisalo varias veces (que xa o fixen, e non detectei nada raro, pero
> claro...), sempre se me pode escapar algo polo medio...
>
> Oe, que se me dicides que pode haber algún problema por facelo así, pois
> collo o .pot e volvo escribir todo nun pispás. Polo de pronto, mándovos este
> que teño, espero que sirva...
>
> (Antes estaba no choio, non sei se a última mensaxe a mandei á lista, ou só
> a un destinatario... como o comentastes antes...)
>
> Outra cousa: o ficheiro débese chamar gl.po, non?
>
> Un "detalle técnico": este .po, en principio, só é válido para a versión
> 1.2.30 do icewm , ou non? (a non ser que non haxa ningún cambio coa próxima
> versión, ou que non houbera ningún dende a anterior, vaia)
> Cando saia a próxima versión... non sei como expresalo, pero.. os
> desenvolvedores poñen os novos .pot á disposición antes que o paquete das
> fontes? se non é así... como se supón que o .po vai ir algún día
> sincronizado?? (esto ocorreuseme agora... non é necesario que me
> respondades, pero a verdade é que me está recomendo as entrañas, jejeje).
> Nas súas FAQ din que o mande directamente á lista de icewm-devel... pero
> vaia, non sei... gustaríame que algunha boa e desinteresada persoa lle
> botase un ollo antes de mandalo para alá....
>
> Que máis... púxenlle o meu nome arriba, se o que se estila é poñer algo como
> "trasno.net", ou similar... pois.. non sei, cambiareino, jejeje.
>
> Hala, nada máis. Recibide un saudiño, xente! (e perdón polo ladrillazo que
> escribín)
>
> 2007/1/19, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> > Supoño que todo o de embaixo o querias enviar á lista, Xabi. Noutro
> > caso, sintocho moito.
> >
> > Ata logo,
> >                   Leandro Regueiro
> >
> > On 1/19/07, "Xabi García" < xab...@gmx.net> wrote:
> > >
> > >
> > >
> > > > Home, non sei se hai mais xente que faga iso, pero o correcto é coller
> > > > o ficheiro .pot e traducir do inglés dende cero.
> > >
> > > Sen esquecer que é unha directriz fundamental dos proxectos o traducir
> dende o "template" ou plantel correspondente, en extensión *.pot e en
> inglés, facer outra cousa é un mal traballo, anque por estranas razóns pode
> que coincidan nalgúns casos ;). Só vou a outras traducións moi de vez en
> cando porque non sei como se traduce certa mensaxe críptica, e normalmente
> atopo tamén traducións de patacón.
> > >
> > > O certo é que, se non lembro mal, o OpenOffice en galego está traducido
> directamente collendo os ficheiros *.po, que non *.pot, da versión
> portuguesa. Anque pode que só ollaran para as msgid e puxeran unha folla
> tapando as msgstr.
> > > --
> > > "Feel free" - 5 GB Mailbox, 50 FreeSMS/Monat ...
> > > Jetzt GMX ProMail testen:
> http://www.gmx.net/de/go/promail
> > >
> >
>
>
>

Responderlle a