Ola a todos, hai que ter en conta que non todos puchan de ingles moito.
Eu normalmente tomo como referencia o que está en inglés e logo busco a
do portugués e a de español se as hai.
Hai que ter en conta que a tradución literal non sempre é a mellor e os
que non controlan (eu incluido) moito normalmente con collen os matices
polo que é mais probable facer unha tradución literal sendo as veces
mais exactas.
Deste xeito seguindo as tres para min faiseme mais doado.
De todos modos así é como fago eu agora, ao mellor se levase tanto tempo
a traducir coma outros (coma Jacobo "O intocable" ;-) jajaja por
exemplo) estaría mais cómodo traducindo só do ingles ou idioma orixinal.
Apertas!

PD: e xa que estamos ¿o administrador da lista podería por que no asunto
das mensaxes se cree algo así como [trasno] como en case todas as
listas? Grazas quen sexas.

Jacobo Tarrio escribió:
> El viernes, 19 de enero de 2007 a las 12:54:31 +0100, Leandro Regueiro 
> escribía:
> 
>> Home, non sei se hai mais xente que faga iso, pero o correcto é coller
>> o ficheiro .pot e traducir do inglés dende cero.
> 
>  Si; o de editar unha tradución xa existente doutro idioma é unha opción que
> desaconsello vivamente, porque facéndoo así hai máis erros de tradución (os
> da tradución que editas e mailos teus) e é máis probable que saian
> castelanismos ou galicismos ou lusismos ou X-ismos, sendo X o idioma da
> tradución que editas.
> 

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Responderlle a