> As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un
> pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega.
> Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son habitualmente ricas
> paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á súa xente, si, tamén
> son peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa
> na que viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen
> á Unión Europea. Tampouco falan o Danés senón unha lingua relacionada con
> este e o Noruegués, o Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia
> dela; só os habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se
> atopan na emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos
> ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora
> de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos
> servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores en
> Feroés.

Son illas Feroes ou illas Feroe?

> O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar cos
> dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 polo finés
> Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un software que fai que o
> noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de acendido ata que o
> apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema operativo máis estendido no
> planeta, pero como vedes non o único. Tamén Mac OSX é un sistema operativo.
> A diferenza fundamental, e perdoade que me repita, aparte de ser un sistema
> francamente superior, Linux sendo un proxecto de software libre pode ser
> modificado e distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén.
> Habitualmente darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo",
> fórmase todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa
> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun gran
> papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente que
> colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que se
> escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos atopar
> programas de código aberto que se traducen a máis do cento de linguas. E si,
> entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se conten os falantes de
> feroés por milés coma por millóns, a dimensión económica do asunto
> desaparece. O único que fai falta é que alguén dea un paso adiante e se
> enrole na misión. Como o feroés, tradúcese ó Frisón, Alemán, Chinés ou
> Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó Guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén
> ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas
> esas linguas tamén está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que
> traducimos software. Ese traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces
> tedioso pero sempre gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software
> libre, coma Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos,
> enteiramente na nosa lingua.

O de enteiramente traducido igual pode ser excesivo. Inclúe o klingon home!!

> Se queredes máis información ou mesmo enrolarvos coma tradutores na súa
> división galega, visitade www.trasno.net.

Hai algunha páxina de colabora ou apúntate en Trasno? Se é así mellor
que poñas unha ligazón directamente a ela.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a