On Tue, Jul 29, 2008 at 7:34 PM, Miguel Branco <bandu...@gmail.com> wrote:
> Resulta que Soraya me di que podemos,literalmente "escribir 2, 4 ou 400
> artigos" para o Diario de Carballo (ollo, que é un blog online) se queremos.
> O que lle apeteza, adiante. Supoño que non viria mal outro explicando que se
> fai aquí, e xa non en termos xerais. Vos mesmos.

Si, mal non viña. Adiante.

> Igual un día lles dou o coñazo ós de Vieiros ou A Nosa Terra e nos publican
> algo. Que vos parece?.*
>
> *PD: non digo que o vaia facer eu necesariamente))

:) Lembro que hai anos, en codigocero pedironme unha especie de
reportaxe sobre o mundo da tradución voluntaria de software ó galego.
Pero isto foi moitos anos, cando estaba dando o salto dende a
tradución no caótico mundo de Windows ó máis organizado e amplo do
software libre, e finalmente non fixera nada.

Tocando outro tema, xa falaramos de montar uns obradoiros ou charlas.
Xa botei un globo sonda para ver se a principios de curso poderiamos
dar unha charla (supoño que eu) de iniciación. Hai que facer o
material, así que se esta anarquía realmente ten algo de democrático
non deberia ser eu quen confeccionara o material se vou ser eu quen
dea a charla :) Se precisades material anterior traio para a semana o
que xuntei esta finde organizando copias de seguridade (flipei co
material que atopei).

Relacionada con este último tema, e cas valoracións que fixeron
nalgunha lista sobre un evento organizado no festigal, penso agora que
o da asociación non nos viña mal para pillar unha subvención ou axuda
para facer folletos para repartir, ademais de pode así ser un
interlocutor válido para certos organismos oficiais.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a