Grazas a todos; estou abraiado da rápida resposta que me brindastes. Non 
adoitaba ler o correo moi a miúdo, pero me dá que vou ter que espabilar para 
seguirvos.

En canto ao proxecto (openSUSE ou KDE), en principio dáme igual. Quizáis me 
chame algo máis KDE, polo de ter máis repercusión (enténdase, máis usuarios), 
pero quero axudar onde máis falta faga; quedo ao que me digades os 
coordinadores.

Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion, e estoulle a botar 
un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos ficheiros PO, 
e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten moi boa pinta.

Un saúdo

Responderlle a