> Olaaaa:
> Desde o lado "doce" da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de
> darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución
> (hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos
> revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que
> valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito
> predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os
> centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que
> desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a
> xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso,
> penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de
> todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua.
> Considerade a proposta.
> Un saúdo:
> Manolo Vázquez

Pois é verdade. Nos IES que vin agora teñen SuSe...

Responderlle a