Por certo, perdoade o meu descoñecemento da vosa forma de traballar. Eu
soamente coñezo a oficial de Moodle.


Por certo comentarvos que teño algunhas cadeas subidas (de momento unhas
600 intentando cubrilas partes máis visibles da interfaz) que están á
espera de aprobación, para o cal puxenme en contacto co director de
traduccións de Moodle. Polo cal esos ficheiros están desactualizados. O
digo por se Miguel ou alguen quere porse a traducir a partir da versión
oficial descargable, para evitar traballo repetido.

Saudos,
Ramón


2012/5/16 Ramon Antonio Parada <ra...@bigpress.net>

>
>
> 2012/5/16 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>
>> Descarguei os paquetes de "gl" e de "en" de v 2.2 ... queda traballo de
>> carallo :-) o orixinal son 340 ficheiros e en gl só hai 122 (non me parei
>> aínda a ver o tamaño de cada un)
>>
>> En local son ficheiros .php. convertinnos en .po e vou tentar facer algo
>> que serva de TM para reaproveitar o xa feito, de paso xa lle fago unha
>> primeira revisión ao feito.
>>
>
> Cómo se convirte un ficheiro php en .po ?
>
>>
>> Creo que sería cousa de que a xente se fixera unha conta na páx de
>> tradución, que se traballara en local, para reaproveitar o máximo, e unha
>> vez revisado, con paciencia replicalo no web.
>>
>
> Cal é a ventaxe de traballar en local con respecto a empregar a ferramenta
> oficial de Moodle?
>
>
>>
>> O que se podería tentar é que nos admitan que lles enviemos os ficheiros
>> .php xa traducidos por correo, ou dispoñéndoos nun almacen en liña. Se
>> puidera seren así, poderiamos despois ver as versións máis antigas, xa que
>> así (IMHO) quedaría menos que traducir.
>>
>> Digo eu... xa que Rafael está moi implicado (pola vía profesional)
>> podería solicitar o traballo de moderador/coordinador, e os trasnegos máis
>> "currados" ofrecerlle o noso asesoramento e axuda no técnico. Que vos
>> parece?
>>
>>
>
> Saudos,
> Ramón
>
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a