Boas.

Non sei como quedou o asunto, pero tras ler  plan de actuacións que
deben levar a cabo as oficinas de software libre galegas, está como un
dos proxectos axudarlle a comunidade galega a traducir o Moodle.

Así que, se non o fai a comunidade, fárano desde as OSL as persoas que
sexan contratadas, se é que hai OSL este ano. Non lera ainda o plan de
software libre de galicia 2012, pero na parte do que van facer as OSL
é moi ambicioso (eu diría irrealizable) e as actuacións internas da
xunta, aínda máis ambiciosas. Se se está facendo todo iso, é flipante.
Do dito ó feito vai un bo treito

Como quedou o asunto?

Saúdos.

2012/5/16 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Descarguei os paquetes de "gl" e de "en" de v 2.2 ... queda traballo de
> carallo :-) o orixinal son 340 ficheiros e en gl só hai 122 (non me parei
> aínda a ver o tamaño de cada un)
>
> En local son ficheiros .php. convertinnos en .po e vou tentar facer algo que
> serva de TM para reaproveitar o xa feito, de paso xa lle fago unha primeira
> revisión ao feito.
>
> Creo que sería cousa de que a xente se fixera unha conta na páx de
> tradución, que se traballara en local, para reaproveitar o máximo, e unha
> vez revisado, con paciencia replicalo no web.
>
> O que se podería tentar é que nos admitan que lles enviemos os ficheiros
> .php xa traducidos por correo, ou dispoñéndoos nun almacen en liña. Se
> puidera seren así, poderiamos despois ver as versións máis antigas, xa que
> así (IMHO) quedaría menos que traducir.
>
> Digo eu... xa que Rafael está moi implicado (pola vía profesional) podería
> solicitar o traballo de moderador/coordinador, e os trasnegos máis
> "currados" ofrecerlle o noso asesoramento e axuda no técnico. Que vos
> parece?
>
> 2012/5/16 Asoc. de Usuarios de SwL de Melide <melisa.mel...@gmail.com>
>>
>> Boas,
>>
>> aínda que non teño experiencia na tradución, é certo que nun par de
>> ocasións fixen intento de iniciar o meu traballo nesta área, e vista a
>> situación de Moodle, que coñezo a xente que me pode orientar (Miguel Branco,
>> por exemplo), e que somos usuarios de Moodle en Tegnix, penso que pode ser
>> unha moi boa ocasión para comezar a traducir.
>>
>> Pois iso, aí queda a miña proposta ;-)
>>
>> Un saúdo cordial.
>>
>>
>> Rafael R. Gaioso (Melisa)
>>
>> En 16/05/12 16:20, Manuel Vázquez escribiu:
>>
>>> Ola:
>>> A tradución quedou onde a deixaron os anteriores responsables. O que
>>> sucedeu despois é que se engadiron cadeas do portugués e o resultado,
>>> ao meu parecer, é lamentable. Instalei a versión 2.2 en servidor
>>> propio para uso co meu alumnado, o resultado é que a tradución ao
>>> galego non a podo, nin penso que debo, usar con eles. A Consellería de
>>> Educación coido que emprega, en webs dinámicas, a versión 1.8.5, que
>>> ten unha tradución axeitada. O sistema de tradución de moodle precisa
>>> dun mantedor ou mantedores. Alguén se anima? Na medida das miñas
>>> posibilidades podo colaborar, pero non me sinto con enerxía e
>>> dedicación necesaria como para mantar a mesma.
>>> Un saúdo:
>>> Manuel A. Vázquez
>>>
>>>
>>> 2012/5/16 Ramon Antonio Parada<ra...@bigpress.net>:
>>>>
>>>>
>>>> Ola,
>>>> estou buscando o mantedor da traducción galega do Moodle ou alguen que
>>>> quera
>>>> selo. Actualmente o proxecto figura coma sen mantedor
>>>> ( http://docs.moodle.org/dev/Language_packs_without_maintainer ). Na
>>>> lista
>>>> de traductores figuran varios
>>>> ( http://docs.moodle.org/22/en/Translation_credits#Galician ) así que me
>>>> gustaría saber se hai alguen máis traducindo. Eu estou facendo
>>>> traduccións,
>>>> que preciso que sexan aprobadas rápido, pero non ante a miña falta de
>>>> experiencia en traducción posiblemente teñamos un candidato mellor.
>>>>
>>>> Un saudo,
>>>> Ramón
>>>>
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>> --
>> ----------------------------------------------------------
>> Rafael Rodríguez Gaioso         melisa.mel...@gmail.com
>> Presidente de MeLiSA            http://webmelisa.es
>> Telf: (+34) 600 556 226
>> ----------------------------------------------------------
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a