2012/5/16 Ramon Antonio Parada <ra...@bigpress.net>:
> 2012/5/16 Ramon Antonio Parada <ra...@bigpress.net>
>> 2012/5/16 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>>>
>>> Descarguei os paquetes de "gl" e de "en" de v 2.2 ... queda traballo de
>>> carallo :-) o orixinal son 340 ficheiros e en gl só hai 122 (non me parei
>>> aínda a ver o tamaño de cada un)
>>>
>>> En local son ficheiros .php. convertinnos en .po e vou tentar facer algo
>>> que serva de TM para reaproveitar o xa feito, de paso xa lle fago unha
>>> primeira revisión ao feito.
>>
>> Cómo se convirte un ficheiro php en .po ?

http://wiki.trasno.net/Converter_PHP_a_.po_e_%C3%A1_inversa Pero disto
deberiase ocupar unha única persoa.

>>> Creo que sería cousa de que a xente se fixera unha conta na páx de
>>> tradución, que se traballara en local, para reaproveitar o máximo, e unha
>>> vez revisado, con paciencia replicalo no web.
>>
>> Cal é a ventaxe de traballar en local con respecto a empregar a ferramenta
>> oficial de Moodle?
>
> Por certo, perdoade o meu descoñecemento da vosa forma de traballar. Eu
> soamente coñezo a oficial de Moodle.
>
> Por certo comentarvos que teño algunhas cadeas subidas (de momento unhas 600
> intentando cubrilas partes máis visibles da interfaz) que están á espera de
> aprobación, para o cal puxenme en contacto co director de traduccións de
> Moodle. Polo cal esos ficheiros están desactualizados. O digo por se Miguel
> ou alguen quere porse a traducir a partir da versión oficial descargable,
> para evitar traballo repetido.

A vantaxe de traballar en local é que ademais de ser máis cómodo podes
utilizar ferramentas que non existen online.

>>> O que se podería tentar é que nos admitan que lles enviemos os ficheiros
>>> .php xa traducidos por correo, ou dispoñéndoos nun almacen en liña. Se
>>> puidera seren así, poderiamos despois ver as versións máis antigas, xa que
>>> así (IMHO) quedaría menos que traducir.

Eu directamente intentaria facer que empreguen Gettext. Xa non é a
primeira vez que se ten éxito en conseguir que migren a gettext desde
sistemas esotéricos ou máis comúns como o que usa Moodle.

O que me segue chamando a atención é cantos proxectos en vez de migrar
a Gettext e beneficiarse directamente de ferramentas xa existentes,
deciden non cambiar o formato ou sistema que usan e terminan creando
programas ad-hoc para permitir a tradución online dos seus formatos de
localización.

>>> Digo eu... xa que Rafael está moi implicado (pola vía profesional)
>>> podería solicitar o traballo de moderador/coordinador, e os trasnegos máis
>>> "currados" ofrecerlle o noso asesoramento e axuda no técnico. Que vos
>>> parece?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a