Boas a todos!

Levo moito tempo apuntado nas listas e ate fai uns meses estiven iniciandome
con isto da tradución axudando a Fran Dieguez co xestor de contidos *Drupal*.

Pero debido a unha mexada do meu gato na computadora, quedei a "escuras"
moitísimo tempo, perdín moitos datos, tiven que recuperar cousas, etc...
polo que non tiña tempo para traducir.

Agora que xa estou un pouquiño máis libre, vou a ver se empezo con isto
tradución.

E para comezar con algo de ghas pensei en traducir
"Liferea<http://liferea.sourceforge.net/index.htm>".
Liferea é un lector de feeds que emprego case todos os días e como non o
vexo en galego, pois avante con el.

Que dicides? Comezo?

Tamén comentar que traducín o
Checkgmail<http://checkgmail.sourceforge.net/>ao galego ( xa que non o
tiña) e lle enviei un correo ao creador do
programa, e estou agardando unha resposta por parte súa, para saber se o vai
a incluir, etc....

Bueno nada máis.

Pd: A nova web está moi ben. Moito mellor que a anterior. Todo máis claro ;)



-- 
Un saúdo!
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100605/7386cceb/attachment.htm>

Responderlle a