Ola.

Véxome superado polos acontecementos e sobre todo por unha falta de
interese en seguir traducindo software libre ao galego. Estou meditando
tomar un tempo á marxe para ver que fago e se decido ou non continuar
colaborando coa comunidade.

Como xa informei tempo atrás, non son capaz de manter os produtos de
mozilla actualizados e non fun capaz de artellar un método de traballo no
que a xente puidera colaborar. Tentei crear un novo sitio para a comunidade
pero tampouco o conseguín e por último, xa nin temos lista de correo en
galician.mozdev.com. Desapareceu e non sei porque. Non tiven nin tempo nin
gañas de saber que pasou, meus coñecementos en inglés para a escritura son
moi limitados e impiden que saque adiante determinadas cousas ao non poder
comunicarme cos responsábeis dos proxectos.

Agora debería saír Firefox OS, e parece que ahí tamén vai haber traballo,
xa que non teñen pensado que saia en moitos idiomas. O galego non está
entre eles, pero ten pinta de que outros moitos tampouco, e vai haber jaleo.

Así que espero que alguén lle interese, para chegado o momento poder
presentalo aos responsábeis de localización de Mozilla e que esa persoa
aprenda como se fan as cousas. De min pouco pode aprender, xa que eu fago
todo manualmente e unha das súas tarefas será automatizar a forma de
traballar e que a xente poida colaborar.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a