>>> Habería que mirar o de password->clave (de acceso). O dicionario da RAG teno
>>> moi claro, polo que habería que contactar XA coa RAG para que ou o muden (se
>>> é que é un erro, tal como Antón sostén) ou senón temos que mudalo nós canto
>>> antes. Non pode ser que sigamos o RAG e volga para todo menos para isto que
>>> está claramente indicado no dicionario RAG.
>>
>> Enviarase unha mensaxe, pero a veces responden e a veces non. Este
>> domingo envieilles tres ou catro mensaxes e respondéronme a tres.
>> Acabo de enviarlles a pregunta de novo a ver se hai sorte e responden.
>>
>> Por certo, de aceptar isto tería que ser "clave de acceso". "clave" non
>> valería.
>>
>> E para que quede claro, sigo sendo un full-supporter de "contrasinal" :)
>
> Pero se a RAG (mentres non se demostre o contrario) é CLARAMENTE
> "full-supporter" de "clave de acceso" por coherencia hai que usar esa e
> poñelo no glosario.
> Lembro que con isto estase a romper a coherencia que trasno ben mantendo.

A resposta que me deron:


> To: lexicogra...@realacademiagalega.org
>> Subject: Suxestión do usuario: Leandro Regueiro, Leandro Regueiro
>>
>> Na entrada de "clave" aparece "clave de acceso". Normalmente a xente
>> emprega "contrasinal" para referirse a dito concepto. O feito de que esa
>> acepción non apareza na entrada de "contrasinal" é unha eiva do dicionario,
>> ou é que "contrasinal" é un castelanismo?
>
> As dúas formas son válidas. Ocorre que en “contrasinal” optouse por unha
> definición ampla que incluíse os distintos contrasinais que poden existir e
> non se especificou unha acepción de informática, mentres que “clave de
> acceso” é unha expresión utilizada unicamente no campo da informática e
> está recollida como tal.
>
> Atentamente,
>
>
> Seminario de Lexicografía
> Real Academia Galega (RAG)
> Rúa Tabernas, 11
> Apartado de Correo 557
> 15001 - A Coruña
> Teléfono: 981 20 73 08
> Fax: 981 21 64 67
> secreta...@realacademiagalega.org
> www.realacademiagalega.org
>
> Nota: Esta resposta foi elaborada polos servizos lingüísticos do Seminario
> de Lexicografía, e non representa un ditame nin unha decisión formal da Real
> Academia Galega.

Entendo que se para eles son sinónimos entón non haberá problema en
escoller «contrasinal». Pedinlles que se para eles son sinónimos que
por favor o indiquen no dicionario.


@damufo: non sei que pasa coas túas respostas, que cando intento
responder non me aparecen nunca os > que indican que esas liñas son de
outra mensaxe anterior.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a