2013/11/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2013/11/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>> Habería que mirar o de password->clave (de acceso). O dicionario da RAG 
>>>>> teno
>>>>> moi claro, polo que habería que contactar XA coa RAG para que ou o muden 
>>>>> (se
>>>>> é que é un erro, tal como Antón sostén) ou senón temos que mudalo nós 
>>>>> canto
>>>>> antes. Non pode ser que sigamos o RAG e volga para todo menos para isto 
>>>>> que
>>>>> está claramente indicado no dicionario RAG.
>>>>
>>>> Enviarase unha mensaxe, pero a veces responden e a veces non. Este
>>>> domingo envieilles tres ou catro mensaxes e respondéronme a tres.
>>>> Acabo de enviarlles a pregunta de novo a ver se hai sorte e responden.
>>>>
>>>> Por certo, de aceptar isto tería que ser "clave de acceso". "clave" non
>>>> valería.
>>>>
>>>> E para que quede claro, sigo sendo un full-supporter de "contrasinal" :)
>>>
>>> Pero se a RAG (mentres non se demostre o contrario) é CLARAMENTE
>>> "full-supporter" de "clave de acceso" por coherencia hai que usar esa e
>>> poñelo no glosario.
>>> Lembro que con isto estase a romper a coherencia que trasno ben mantendo.
>>
>> A resposta que me deron:
>>
>>
>>> To: lexicogra...@realacademiagalega.org
>>>> Subject: Suxestión do usuario: Leandro Regueiro, Leandro Regueiro
>>>>
>>>> Na entrada de "clave" aparece "clave de acceso". Normalmente a xente
>>>> emprega "contrasinal" para referirse a dito concepto. O feito de que esa
>>>> acepción non apareza na entrada de "contrasinal" é unha eiva do dicionario,
>>>> ou é que "contrasinal" é un castelanismo?
>>>
>>> As dúas formas son válidas. Ocorre que en “contrasinal” optouse por unha
>>> definición ampla que incluíse os distintos contrasinais que poden existir e
>>> non se especificou unha acepción de informática, mentres que “clave de
>>> acceso” é unha expresión utilizada unicamente no campo da informática e
>>> está recollida como tal.
>>>
>>> Atentamente,
>>>
>>>
>>> Seminario de Lexicografía
>>> Real Academia Galega (RAG)
>>> Rúa Tabernas, 11
>>> Apartado de Correo 557
>>> 15001 - A Coruña
>>> Teléfono: 981 20 73 08
>>> Fax: 981 21 64 67
>>> secreta...@realacademiagalega.org
>>> www.realacademiagalega.org
>>>
>>> Nota: Esta resposta foi elaborada polos servizos lingüísticos do Seminario
>>> de Lexicografía, e non representa un ditame nin unha decisión formal da Real
>>> Academia Galega.
>>
>> Entendo que se para eles son sinónimos entón non haberá problema en
>> escoller «contrasinal». Pedinlles que se para eles son sinónimos que
>> por favor o indiquen no dicionario.
>>
>>
>> @damufo: non sei que pasa coas túas respostas, que cando intento
>> responder non me aparecen nunca os > que indican que esas liñas son de
>> outra mensaxe anterior.
>>
>
> Está ben. Vale contrasinal=clave de acceso

Supoño que se chegamos ao acordo de «contrasinal» manteremos
«contrasinal» como preferida e agora engadiremos «clave de acceso»
como tradución válida pero non recomendada. Algún problema con isto?


> Gustaríame tamén aclarar os matices entre «clave» e «chave», en
> concreto que non se pode/debe utilizar «chave» en sentido informático

O de «clave» e «chave xa está discutido. Buscade por «key» en
people.trasno.net/~common/resultados_trasnadas/prontuario-descomprimido/html_trasnadas.html

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a