2013/11/18 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> Algún problema coa terminoloxía?
>
> Tal vez con "allocate" e de certo con eixo, polo demais, pasado o
> apuro do SC 4.12, poreime con isto.

Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos
:) Agardaba que tiveras problemas con prohibir "calcar" ou algunha
semellante.

Cal é o problema con "allocate"?

O de "eixo" é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera
para "window". En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da
xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se
hai máis xente descontenta con "eixe" podemos deixar isto fóra, xa que
a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á
terminoloxía.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a