Eu con "eixe" non teño problema se é a forma recomendada polo DRAG, aínda
que eu tamén son dos que usa "eixo".

Sobre "premer", os exemplos suxiren "premer nun botón" para cando hai algo
a premer. Non debería dicirse algo sobre "premer un botón"? Entendo que é
unha forma válida (
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=premer,
primerio exemplo) pero desaconsellada por nós no caso das traducións.
Conste que a nivel persoal prefiro a opción sen o "en", pero dado que o
DRAG non indica que unha forma sexa preferida sobre outra, non vexo
problema en usar o "en".


2013/11/18 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2013/11/18 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> >> Algún problema coa terminoloxía?
> >
> > Tal vez con "allocate" e de certo con eixo, polo demais, pasado o
> > apuro do SC 4.12, poreime con isto.
>
> Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos
> :) Agardaba que tiveras problemas con prohibir "calcar" ou algunha
> semellante.
>
> Cal é o problema con "allocate"?
>
> O de "eixo" é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera
> para "window". En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da
> xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se
> hai máis xente descontenta con "eixe" podemos deixar isto fóra, xa que
> a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á
> terminoloxía.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a