[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Tremendamente clarificador. Graciñas!

Felipe.

Xabier Seixo escribiu:
> O WordForge parece ser máis unha ruptura do que unha evolución, en
> relación ao Pootling.
> Polo que sabemos, o desenvolvemento do Pootling foi conxelado durante o 
> 2007, coincidindo cunha maior implicación (ou apoio) do na altura 
> presidente da WordForge Foundation, Javier Solá, no proxecto KhemerOs ( 
> http://www.khmeros.info/drupal/ ).
>
> Parece, porque si é certo que se mantén aínda agora certa confusión 
> entre os desenvolvementos do Pootle/Virtaal/TToolkit e os da 
> WFFoundation, que houbo unha ruptura: o proxecto KhmerOs continuou co 
> desenvolvemento dun cliente local e a outra parte centrouse no 
> TTK/Pootle. Isto pódese apreciar nas webs dispoñíbeis: a páxina do 
> Pootle mudou a certa altura o título, eliminando a referencia á 
> WordForge, por exemplo. É significativo o feito de que o proxecto do 
> WordForge Editor se nutre fundamentalmente das TTK.
>
> O cliente Virtaal, que é bastante máis recente, pretende solucionar a 
> cuestión do achegamento inicial á localización, simplificando o proceso 
> todo o posíbel, na liña do propio Pootle.
>
> Ambos clientes son similares, porque utilizan o TTK para as operacións 
> básicas e están programados en Python. Contodo, a orientación e 
> funcionalidades de ambos os aplicativos difiren grandemente.
>
> O WordForge Editor, na versión que se anunciou, incorpora todas as 
> funcionalidades que se foron colocando no 2º G11n como cliente.
>
> O Virtaal implementa a maior parte delas (non todas, como o soporte de 
> Hunspell) nunha interface gráfica que procura sobre todo a simplicidade 
> da tarefa, mais que perde por iso mesmo parte do atractivo.
>
> Ambas as aplicacións son compatíveis dentro dun mesmo fluxo de
> traballo, 
> claro.
>
>
> Felipe Gil Castiñeira escreveu:
>   
>> Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi
>> 
> claro
>   
>> e conciso  ;-) ).
>>
>> Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que
>> 
> fora
>   
>> a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
>> Pootle e o Translate toolkit).
>>
>> O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou
>> 
> Pootling
>   
>> para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o
>> 
> papel
>   
>> ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier
>> 
> que
>   
>> ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
>> bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.
>>
>> ¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería
>> 
> interesante
>   
>> se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
>> Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.
>>
>> Un saúdo!
>> Felipe.
>>
>>
>> [1] http://www.khmeros.info/drupal/?q=en/download/Translation_Editor
>> [2] http://translate.sourceforge.net/wiki/pootling/index
>> [3] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/index
>> [4] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/features
>>
>>
>>
>>
>> Xabier Seixo escribiu:
>>   
>> 
>>> A WordForge Foundation ( http://worforgefoundation.org ) ven de
>>>   
> publicar
>   
>>> a versión 0.5beta1 do WordForge Editor.
>>>
>>> Entre as funcionalidades máis destacadas están o soporte dos formatos
>>> XLIFF, TMX e TBX, ademais dun sistema de verificación ortográfica
>>> baseado no Hunspell (é necesario instalar o Hunpell en local).
>>>
>>> En Tagen Ata estivemos avaliando as novas funcionalidades que
>>>   
> incorpora
>   
>>> esta beta, ademais do soporte dos estándares durante esta mañá.
>>>
>>> Xa iremos comentando os resultados.
>>>
>>> Para máis información:
>>>
>>>   
> --
>   
>>> Project: wordforge  (wordforge2)
>>> Package: WordForge
>>> Date   : 2008-11-14 10:31
>>>
>>> Project "wordforge" ('wordforge2') has released the new version of
>>> package
>>> 'WordForge'. You can download it from SourceForge.net by following
>>>   
> this
>   
>>> link:
>>>
>>>   
> https://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=206007&release_id=595420
>   
>>>
>>> or browse Release Notes and ChangeLog by visiting this link:
>>>
>>> https://sourceforge.net/project/shownotes.php?release_id=595420
>>>  
>>>
>>>   
>>> 
>>>   




[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Xabier Seixo
O WordForge parece ser máis unha ruptura do que unha evolución, en
relación ao Pootling.
Polo que sabemos, o desenvolvemento do Pootling foi conxelado durante o 
2007, coincidindo cunha maior implicación (ou apoio) do na altura 
presidente da WordForge Foundation, Javier Solá, no proxecto KhemerOs ( 
http://www.khmeros.info/drupal/ ).

Parece, porque si é certo que se mantén aínda agora certa confusión 
entre os desenvolvementos do Pootle/Virtaal/TToolkit e os da 
WFFoundation, que houbo unha ruptura: o proxecto KhmerOs continuou co 
desenvolvemento dun cliente local e a outra parte centrouse no 
TTK/Pootle. Isto pódese apreciar nas webs dispoñíbeis: a páxina do 
Pootle mudou a certa altura o título, eliminando a referencia á 
WordForge, por exemplo. É significativo o feito de que o proxecto do 
WordForge Editor se nutre fundamentalmente das TTK.

O cliente Virtaal, que é bastante máis recente, pretende solucionar a 
cuestión do achegamento inicial á localización, simplificando o proceso 
todo o posíbel, na liña do propio Pootle.

Ambos clientes son similares, porque utilizan o TTK para as operacións 
básicas e están programados en Python. Contodo, a orientación e 
funcionalidades de ambos os aplicativos difiren grandemente.

O WordForge Editor, na versión que se anunciou, incorpora todas as 
funcionalidades que se foron colocando no 2º G11n como cliente.

O Virtaal implementa a maior parte delas (non todas, como o soporte de 
Hunspell) nunha interface gráfica que procura sobre todo a simplicidade 
da tarefa, mais que perde por iso mesmo parte do atractivo.

Ambas as aplicacións son compatíveis dentro dun mesmo fluxo de
traballo, 
claro.


Felipe Gil Castiñeira escreveu:
> Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi
claro
> e conciso  ;-) ).
>
> Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que
fora
> a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
> Pootle e o Translate toolkit).
>
> O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou
Pootling
> para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o
papel
> ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier
que
> ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
> bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.
>
> ¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería
interesante
> se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
> Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.
>
> Un saúdo!
> Felipe.
>
>
> [1] http://www.khmeros.info/drupal/?q=en/download/Translation_Editor
> [2] http://translate.sourceforge.net/wiki/pootling/index
> [3] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/index
> [4] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/features
>
>
>
>
> Xabier Seixo escribiu:
>   
>> A WordForge Foundation ( http://worforgefoundation.org ) ven de
publicar
>> a versión 0.5beta1 do WordForge Editor.
>>
>> Entre as funcionalidades máis destacadas están o soporte dos formatos
>> XLIFF, TMX e TBX, ademais dun sistema de verificación ortográfica
>> baseado no Hunspell (é necesario instalar o Hunpell en local).
>>
>> En Tagen Ata estivemos avaliando as novas funcionalidades que
incorpora
>> esta beta, ademais do soporte dos estándares durante esta mañá.
>>
>> Xa iremos comentando os resultados.
>>
>> Para máis información:
>>
--
>> Project: wordforge  (wordforge2)
>> Package: WordForge
>> Date   : 2008-11-14 10:31
>>
>> Project "wordforge" ('wordforge2') has released the new version of
>> package
>> 'WordForge'. You can download it from SourceForge.net by following
this
>> link:
>>
https://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=206007&release_id=595420
>>
>>
>> or browse Release Notes and ChangeLog by visiting this link:
>>
>> https://sourceforge.net/project/shownotes.php?release_id=595420
>>  
>>
>>   
>> 
>
>
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
-- 
Xabier Seixo 
Tagen Ata Lingua e Comunicación



[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Gonçalo Cordeiro
O WordForge parece ser máis unha ruptura do que unha evolución, en 
relación ao Pootling.
Polo que sabemos, o desenvolvemento do Pootling foi conxelado durante o 
2007, coincidindo cunha maior implicación (ou apoio) do na altura 
presidente da WordForge Foundation, Javier Solá, no proxecto KhemerOs ( 
http://www.khmeros.info/drupal/ ).

Parece, porque si é certo que se mantén aínda agora certa confusión 
entre os desenvolvementos do Pootle/Virtaal/TToolkit e os da 
WFFoundation, que houbo unha ruptura: o proxecto KhmerOs continuou co 
desenvolvemento dun cliente local e a outra parte centrouse no 
TTK/Pootle. Isto pódese apreciar nas webs dispoñíbeis: a páxina do 
Pootle mudou a certa altura o título, eliminando a referencia á 
WordForge, por exemplo. É significativo o feito de que o proxecto do 
WordForge Editor se nutre fundamentalmente das TTK.

O cliente Virtaal, que é bastante máis recente, pretende solucionar a 
cuestión do achegamento inicial á localización, simplificando o proceso 
todo o posíbel, na liña do propio Pootle.

Ambos clientes son similares, porque utilizan o TTK para as operacións 
básicas e están programados en Python. Contodo, a orientación e 
funcionalidades de ambos os aplicativos difiren grandemente.

O WordForge Editor, na versión que se anunciou, incorpora todas as 
funcionalidades que se foron colocando no 2º G11n como cliente.

O Virtaal implementa a maior parte delas (non todas, como o soporte de 
Hunspell) nunha interface gráfica que procura sobre todo a simplicidade 
da tarefa, mais que perde por iso mesmo parte do atractivo.

Ambas as aplicacións son compatíveis dentro dun mesmo fluxo de traballo, 
claro.


Felipe Gil Castiñeira escreveu:
> Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi claro
> e conciso  ;-) ).
>
> Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que fora
> a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
> Pootle e o Translate toolkit).
>
> O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou Pootling
> para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o papel
> ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier que
> ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
> bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.
>
> ¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería interesante
> se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
> Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.
>
> Un saúdo!
> Felipe.
>
>
> [1] http://www.khmeros.info/drupal/?q=en/download/Translation_Editor
> [2] http://translate.sourceforge.net/wiki/pootling/index
> [3] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/index
> [4] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/features
>
>
>
>
> Xabier Seixo escribiu:
>   
>> A WordForge Foundation ( http://worforgefoundation.org ) ven de publicar
>> a versión 0.5beta1 do WordForge Editor.
>>
>> Entre as funcionalidades máis destacadas están o soporte dos formatos
>> XLIFF, TMX e TBX, ademais dun sistema de verificación ortográfica
>> baseado no Hunspell (é necesario instalar o Hunpell en local).
>>
>> En Tagen Ata estivemos avaliando as novas funcionalidades que incorpora
>> esta beta, ademais do soporte dos estándares durante esta mañá.
>>
>> Xa iremos comentando os resultados.
>>
>> Para máis información:
>> --
>> Project: wordforge  (wordforge2)
>> Package: WordForge
>> Date   : 2008-11-14 10:31
>>
>> Project "wordforge" ('wordforge2') has released the new version of
>> package
>> 'WordForge'. You can download it from SourceForge.net by following this
>> link:
>> https://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=206007&release_id=595420
>>
>>
>> or browse Release Notes and ChangeLog by visiting this link:
>>
>> https://sourceforge.net/project/shownotes.php?release_id=595420
>>  
>>
>>   
>> 
>
>
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   



[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/14 Leandro Regueiro :
>> Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi claro
>> e conciso  ;-) ).
>>
>> Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que fora
>> a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
>> Pootle e o Translate toolkit).
>>
>> O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou Pootling
>> para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o papel
>> ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier que
>> ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
>> bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.
>>
>> ¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería interesante
>> se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
>> Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.
>
> A min tamén me pareceu raro isto, pero pensaba que o virtaal era só
> para Mac, non sei por que. O que vexo é que ultimamente todos fan o
> seu programa de tradución, incluido Nacho que dixo que tiña pensado un
> fork do gtranslator.

Parece que ten caracteristicas interesantes, sobre todo o xestor de
glosarios, algo que non lle vira antes a ningún outro programa.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
> Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi claro
> e conciso  ;-) ).
>
> Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que fora
> a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
> Pootle e o Translate toolkit).
>
> O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou Pootling
> para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o papel
> ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier que
> ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
> bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.
>
> ¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería interesante
> se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
> Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.

A min tamén me pareceu raro isto, pero pensaba que o virtaal era só
para Mac, non sei por que. O que vexo é que ultimamente todos fan o
seu programa de tradución, incluido Nacho que dixo que tiña pensado un
fork do gtranslator.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi claro
e conciso  ;-) ).

Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que fora
a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
Pootle e o Translate toolkit).

O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou Pootling
para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o papel
ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier que
ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.

¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería interesante
se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.

Un saúdo!
Felipe.


[1] http://www.khmeros.info/drupal/?q=en/download/Translation_Editor
[2] http://translate.sourceforge.net/wiki/pootling/index
[3] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/index
[4] http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/features




Xabier Seixo escribiu:
> A WordForge Foundation ( http://worforgefoundation.org ) ven de publicar
> a versión 0.5beta1 do WordForge Editor.
>
> Entre as funcionalidades máis destacadas están o soporte dos formatos
> XLIFF, TMX e TBX, ademais dun sistema de verificación ortográfica
> baseado no Hunspell (é necesario instalar o Hunpell en local).
>
> En Tagen Ata estivemos avaliando as novas funcionalidades que incorpora
> esta beta, ademais do soporte dos estándares durante esta mañá.
>
> Xa iremos comentando os resultados.
>
> Para máis información:
> --
> Project: wordforge  (wordforge2)
> Package: WordForge
> Date   : 2008-11-14 10:31
>
> Project "wordforge" ('wordforge2') has released the new version of
> package
> 'WordForge'. You can download it from SourceForge.net by following this
> link:
> https://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=206007&release_id=595420
>
>
> or browse Release Notes and ChangeLog by visiting this link:
>
> https://sourceforge.net/project/shownotes.php?release_id=595420
>  
>
>   




[G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/14 mvillarino :
> 2008/11/14 Leandro Regueiro :
>> "outline" é outra cousa que preciso traducir no Inkscape e non sabia
>> por onde tirar. Isto de ter que ler todo o maldito manual para
>> traducir está acabando comigo.
>
> Neste senso, a opinión de Xosé pesa máis ca miña, dado que na
> actualidade é quen máis se ven adicando á documentación, e por ende ha
> ter o proceso máis definido, pero...
> ...talvez, dadas as circunstancias, debas prantexarte ler o manual
> antes de traducir, ou mesmo traducir o manual á vez ou un pouco antes
> ca interface, ou traducir a interface e logo traducir o manual,
> corrixindo aquela onde corresponda.

Xa. A ver e consigo involucrar ó que o ía traducir, para ver se está
de acordo con este esquema de traballo. Iso si, antes teremos que
definir toda a terminoloxía.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa mvillarino
2008/11/14 Leandro Regueiro :
> "outline" é outra cousa que preciso traducir no Inkscape e non sabia
> por onde tirar. Isto de ter que ler todo o maldito manual para
> traducir está acabando comigo.

Neste senso, a opinión de Xosé pesa máis ca miña, dado que na
actualidade é quen máis se ven adicando á documentación, e por ende ha
ter o proceso máis definido, pero...
...talvez, dadas as circunstancias, debas prantexarte ler o manual
antes de traducir, ou mesmo traducir o manual á vez ou un pouco antes
ca interface, ou traducir a interface e logo traducir o manual,
corrixindo aquela onde corresponda.


[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
> A WordForge Foundation ( http://worforgefoundation.org ) ven de publicar
> a versión 0.5beta1 do WordForge Editor.

O enderezo é http://www.wordforgefoundation.org/ senón non vai.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


[G11n] WordForge Editor

2008-11-14 Conversa Xabier Seixo
A WordForge Foundation ( http://worforgefoundation.org ) ven de publicar
a versión 0.5beta1 do WordForge Editor.

Entre as funcionalidades máis destacadas están o soporte dos formatos
XLIFF, TMX e TBX, ademais dun sistema de verificación ortográfica
baseado no Hunspell (é necesario instalar o Hunpell en local).

En Tagen Ata estivemos avaliando as novas funcionalidades que incorpora
esta beta, ademais do soporte dos estándares durante esta mañá.

Xa iremos comentando os resultados.

Para máis información:
--
Project: wordforge  (wordforge2)
Package: WordForge
Date   : 2008-11-14 10:31

Project "wordforge" ('wordforge2') has released the new version of
package
'WordForge'. You can download it from SourceForge.net by following this
link:
https://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=206007&release_id=595420

   
or browse Release Notes and ChangeLog by visiting this link:

https://sourceforge.net/project/shownotes.php?release_id=595420
 

-- 
Xabier Seixo 
Tagen Ata Lingua e Comunicación



[G11n] gtkspell hunspell

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/13 damufo :
> Logo rulará pero nin idea de, como? nin idea tampouco de como en ubuntu?
> Procurando no google non dou atopado nada que entenda.
>
> http://gtkspell.sourceforge.net/doc/index.html
> http://gtkspell.sourceforge.net/

Pode que estea perdido, pero o gtkspell non é unha especie de widget
ou o que sexa que che pon o subraiado vermello debaixo das palabras
nos campos de texto?? Se é así entón non temos que ver de intentar
xuntar hunspell e gtkspell, senón o enchant (ou o que sexa a interface
esa para consultar varios correctores ortográficos) xa que é o que se
comunica directamente co corrector, e o gtkspell ha ser o que chama a
enchant.

A verdade é que eu tamén estou moi perdido. Isto dos correctores é
unha lea de carallo.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[G11n] Fwd: Re: g11n_v2:manual de localización de software

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
>> Non estou seguro de que todas as miñas mensaxes cheguen á lista. Ás veces
>> vexo-as, outras non, outras non pero alguén resposta a elas...

Eu tamén confirmo que chegou agora e hai once días.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
>> Antes falei con Nacho (o antigo tradutor de gnome) e díxome que el
>> preferia resaltar, igual ca min, pero que ultimamente se pasou a
>> realzar porque era o que usaban en mancomun.

Ata onde eu sei gnome agora está orfo, igual ca debian, fedora, e
tódolos programas que traducia nacho (que son unha chea deles). Esta
era unha das cousas que tiñamos que falar na akademy.


> 3 [C] technical a light bright area on a painting or photograph:
>>> iluminar (como verbo) ilmunicación, áreas claras, áreas iluminadas...
>
> e esta creo q é a que buscas

Creo que supós de máis. Que estea traducindo o Inkscape no quere dicir
que "highlight" que traduzo non teña que ver con texto, ou con cousas
da interface (entendo que vos referides a por exemplo o cambio de
aspecto dun botón cando se lle pon o rato enriba).


> O que en inglés pode ser unha única palabra en galego poden ser varias e
> depende do sentido. Así non é o mesmo
>
> - Nun texto (ou en código)
> - Nunha imaxe
> - Nunha UI (efecto de selección)
> - Nun discurso
>
> Realzar, contrastar, resaltar, brillar, subliñar, destacar, iluminar,
> reflectir...
>
> E tamén hai que ter en conta a colisión con outras traducións técnicas como
> "outline" que pode ser destacar, resaltar, trazar, remarcar, contornear,
> perfilar, subliñar, salientar...

"outline" é outra cousa que preciso traducir no Inkscape e non sabia
por onde tirar. Isto de ter que ler todo o maldito manual para
traducir está acabando comigo.


> Creo que antes habería que decidir unha cousa... en que caso estamos a falar
> dun termo técnico e cando estamos a usar un vocábulo corrente. O termo
> técnico debe ser fixado, o vocábulo pode ser variábel.
>
> Pensemos nun caso como "highlight color". Non pode ser que traduzamos "cor
> de brillo" porque iso non ten sentido nun texto, pero si en Gimp. E un
> realce non é o mesmo que un reflexo. Seguramente axudaría unha axuda dun
> deseñador e as súas técnicas.
>
> A miña proposta agora mesmo
>
> highlight
>
> - nun texto, etc > realzar/realce
> - nunha imaxe > distinguir: iluminar(e brillo) // reflectir (e reflexo)
> - UI e discurso > todas as opcións

Conforme co do texto, agora teremos que comezar a substituir se os
demais están de acordo nisto.

No da imaxe xa non o teño tan claro. E no discurso e na UI non vexo
por que poñemos xuntos os dos ámbitos.

> outline
>
> - destacar

Eu diria que pode depender do contexto. Non lembro exactamente, pero
no Inkscape pódese refirir a reducir unha imaxe ós trazos principais,
pero repito, non estou seguro.

Ata logo,
 Leandro Regueiro