2009/11/3 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>

> > > Pois para ter o software en galego (todo o que se poida traducir, erros
> > > incluídos).
> >
> > Cuasi-Mentira, traducimos para que o usuario entenda mellor a interface
> > que ten diante sen ter que aprender idiomas. En definitiva facemos a
> > vida máis sinxela aos usuarios.
> >
> > Se esta tradución está mal feita por o motivo que queiras: grallas
> > ortográficas, tradución incorrecta, transliteración ou mesmo (non caso
> > que nos ocupa) non empregar o argot respectivo, non estamos a facilitar
> > para nada a interacción humano-computador.
> >
> > Isto é... Traducir moito SI, mais hai que ir "con tino".
>
> Creo que o que temos que facer é pensar como pensaron os que escribiron as
> cadeas de texto (ou os que idearon os termos). Se o que se quería expresar
> era
> algo que se pode expresar en galego, creo que debería traducirse.
>
> Entendo que non se traduza Boole (por ser nome propio), pero algo que son
> dúas
> palabras traducibles, se atopamos unha tradución atinada, deberiamos
> utilizala.
>
> Estou seguro de que o usuario normal non ten nin remota idea do que
> significa
> "greedy matching", pero terá unha idea aproximada do que significa
> "coincidencia longa". Entendo que hai xente que xa se afixo a usar o termo
> en
> inglés, pero se é posible traducilo, e esas persoas queren ter o sistema en
> galego, cómpre que se afagan á forma en galego.
>

Completamente de acordo.


> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091103/e547b196/attachment.htm
 

Responderlle a