>>>>>>>> - revoke - revogar?
>>>>>>>>
>>>>>> revogar
>>>>>>
>>>>> actualmente xa puxen revogar en todas as cadeas, só quería confirmar.
>>>>>
>>> Por moi raro que che soe é "revogar". Mira en calquera dicionario.
>>
>> creo que se me entendeu mal. sempre utilizaba revocar, na fala, logo púxenme
>> a traducilo e efectivamente mirei no dicionario e vin o de revogar. entón
>> puxen todo a revogar. agora que, como nos dicionarios ás veces non atopas
>> consenso, que se ven cousas moi raras, ou eu que sei, o caso é que o peguei
>> no correo, só esperando que alguén me dixera: si ho! revogar, claro que si,
>> utilizámolo todos!!. e sóame raro, pero...voume afacendo.
>>
>>>>>>> Unha nova que se me escapara:
>>>>>>> - indented -> ¿?
>>>>>>
>>>>>> sangrado
>>>>>
>>>>> non me soa nada ben o de sangrado, pero é certo que o teño visto.
>>>
>>> gracias.
>>>
>>> Indent = sangrar
>>> Indentation = sangría
>>>
>>>>> atopei outra que se me escapara:
>>>>> - timeout
>>>
>>> Ten varias traducións que poderías ver se miras nos glosarios (non mo
>>> tomes a mal, pero é que o que nós facemos en primeiro lugar é
>>> consultar aí, así que te aforrarías o traballo de escribir a mensaxe,
>>> ler as respostas, e obterías unha boa resposta no momento):
>>>
>>>
>>> https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/*checkout*/glosario_09.csv?root=gls
>>> http://trasno.net/trasno:glosario
>>>
>>> non a tomo a mal,  moi boa recomendación, en serio (case podo dicir que a
>>
>> estaba agardando), o caso é que sempre me lío, non sei onde mirar, atópanse
>> tantos recursos na rede, algúns novos, outros vellos, uns aquí, outros alá,
>> e un non sabe de onde tirar, a que facerlle caso, e menos cando apenas se
>> ten experiencia na tradución, que non se sabe por onde tirar. Coñecer as
>> dinámicas da comunidade galega de tradución é un dos meus propósitos, así
>> que agradezo mensaxes deste tipo (non lle des o peixe, ensínalle a pescar. e
>> sen malos rollos).
>
> Compréndote perfectamente, non teñas absolutamente ningún reparo. De
> feito, as contestacións que che poidan servir a ti tamén serán útiles
> para outros, así que non se perde nada.

É certo tamén que lle resolverá dúbidas a outra xente e que lles
axudará a irse integrando e a aprender. Pero perdoade a franqueza,
tamén toca un pouco o car**** ter que darlle solucións cada dous por
tres á xente cando xa están todas recollidas nun único sitio. Repito,
non mo tomedes a mal, hoxe estou un pouco así...

>> pois iso, moitas gracias, leandro
>>
>> pd: o meu seguinte paso é enterarme das dinámicas de mantemento dunha
>> tradución, que non teño nin idea. como aprobeito o traballo que teño feito
>> con enigmail cando saquen a próxima versión? veño de descubrir omegaT e
>> paréceme que ten un bo sistema para facer isto..pero... moito me queda por
>> investigar. moitas gracias, de novo.
>
> Aproveitarase todo o que fixeches porque calquera aplicativo máis ou
> menos estándar para localización de software que empregues permite
> incorporar o ficheiro po da tradución anterior, á parte de que a nova
> versión xa che virá coa túa tradución anterior incorporada se o envías
> agora ao proxecto para que o recollan.

Sendo un proxecto que use Gettext si, pero o Enigmail é unha extensión
para algún dos produtos de Mozilla e alí usan outro formato. O
traballo con eses formatos non o teño moi explorado, pero dalgún xeito
se foron reutilizando as tradución de Firefox e familia...

Responderlle a