Dani escribiu:
>>>>>>> - revoke - revogar?
>>>>>>>               
>>>>> revogar
>>>>>           
>>>> actualmente xa puxen revogar en todas as cadeas, só quería confirmar.
>>>>         
>> Por moi raro que che soe é "revogar". Mira en calquera dicionario.
>>
>>     
>
> creo que se me entendeu mal. sempre utilizaba revocar, na fala, logo púxenme
> a traducilo e efectivamente mirei no dicionario e vin o de revogar. entón
> puxen todo a revogar. agora que, como nos dicionarios ás veces non atopas
> consenso, que se ven cousas moi raras, ou eu que sei, o caso é que o peguei
> no correo, só esperando que alguén me dixera: si ho! revogar, claro que si,
> utilizámolo todos!!. e sóame raro, pero...voume afacendo.
>
>   
>>>>>> Unha nova que se me escapara:
>>>>>> - indented -> ¿?
>>>>>>             
>>>>> sangrado
>>>>>           
>>>> non me soa nada ben o de sangrado, pero é certo que o teño visto.
>>>>         
>> gracias.
>>
>> Indent = sangrar
>> Indentation = sangría
>>
>>     
>>>> atopei outra que se me escapara:
>>>> - timeout
>>>>         
>> Ten varias traducións que poderías ver se miras nos glosarios (non mo
>> tomes a mal, pero é que o que nós facemos en primeiro lugar é
>> consultar aí, así que te aforrarías o traballo de escribir a mensaxe,
>> ler as respostas, e obterías unha boa resposta no momento):
>>
>>
>> https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/*checkout*/glosario_09.csv?root=gls
>> http://trasno.net/trasno:glosario
>>
>> non a tomo a mal,  moi boa recomendación, en serio (case podo dicir que a
>>     
> estaba agardando), o caso é que sempre me lío, non sei onde mirar, atópanse
> tantos recursos na rede, algúns novos, outros vellos, uns aquí, outros alá,
> e un non sabe de onde tirar, a que facerlle caso, e menos cando apenas se
> ten experiencia na tradución, que non se sabe por onde tirar. Coñecer as
> dinámicas da comunidade galega de tradución é un dos meus propósitos, así
> que agradezo mensaxes deste tipo (non lle des o peixe, ensínalle a pescar. e
> sen malos rollos).
>   
Compréndote perfectamente, non teñas absolutamente ningún reparo. De 
feito, as contestacións que che poidan servir a ti tamén serán útiles 
para outros, así que non se perde nada.

> pois iso, moitas gracias, leandro
>
> pd: o meu seguinte paso é enterarme das dinámicas de mantemento dunha
> tradución, que non teño nin idea. como aprobeito o traballo que teño feito
> con enigmail cando saquen a próxima versión? veño de descubrir omegaT e
> paréceme que ten un bo sistema para facer isto..pero... moito me queda por
> investigar. moitas gracias, de novo.
>
>
>   
Aproveitarase todo o que fixeches porque calquera aplicativo máis ou 
menos estándar para localización de software que empregues permite 
incorporar o ficheiro po da tradución anterior, á parte de que a nova 
versión xa che virá coa túa tradución anterior incorporada se o envías 
agora ao proxecto para que o recollan.

>> Ata logo,
>>                    Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>>     
>
>   
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
-- 

Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Logo Xacobeo 2010

Responderlle a