Moi interesante,

En principio pode parecer moito diñeiro. Só con pensalo un pouco xa se 
ve que resulta unha cantidade modesta aínda que faltan bastantes datos 
para valorar ata onde vai traballar a toponimia mundial.

Supoño que non se tratará dun traballo só de compilación do que hai, que 
tamén, senón que en moitos casos será de auténtica elaboración de 
solucións (Asia, África... abrumador) por moito que a CRTVG teña sen 
dúbida o maior fondo de toponimia internacional en lingua galega, porque 
leva máis de 20 anos elaborando información internacional na nosa 
lingua. Agora suponse que se trata de dar tamén un paso definitivo de 
"fixación" para o estándar ao facer un proxecto terminolóxico específico 
e público.

Parece que é moi cedo, con todo, concordo con Miguel Branco na 
necesidade de distinguir a publicación do que é o propio material. 
Parece correcto que se elabore esa BD en liña pero para o mundo da 
tradución e da *educación* resultaría máis útil que se puidese acceder 
ao material en bruto de forma que se puidese adaptar a  produtos e 
servizos derivados (MT, enciclopedias, xeolocalizadores,...)

Antón Méixome







Miguel Branco escribiu:
> Grazas Leandro por avisar disto;
>
> Toda esa información toponímica sería valiosísima para nós os 
> tradutores; é 
> todo un legado, efectivamente. 
>
> O acordo non sae publicado no DOGA de hoxe nin na páxina da Consallaría 
> así 
> que haberá que estar atentos a cando sae publicado para ter tódolos 
> detalles 
> polo muido.
>
> Pero, de calquera xeito, para que esa información fora útil para nós 
> habería 
> que dispor dela do xeito correcto, refirome ó formato. Dispoñer dun mapa 
> online é todo un avance, pero o traballo sería ingualmente tedioso. 
>
> Penso que sería conveniente que ou ben Trasno ou ben Mancomun.org, ou 
> preferiblemente, ambos, contactaramos coa CRTVG para que teñan en conta no 
> momento que se poñan a traballar que nos interesa ter esa información "en 
> bruto",  dun xeito que logo poidamos incluír nunha memoria de tradución. 
> Mesmo 
> poderíamos ofrecer consello e o traballo que xa hai feito para axudar a 
> realizar o proxecto. 
>
> Non sei se para isto unha carta aberta é a mellor forma ou se é mellor que 
> Mancomun interceda directamente dentro da Consellería. Espero que poidades 
> axudar a que as cousas se fagan ben e eses 60.000€ dean rendemento. 
>
> Saúdos, 
>
> Miguel Branco
>
>
> O Thursday 04 September 2008 17:10:23 Leandro Regueiro escribiu:
>   
>> Ola,
>> acabo de ver isto: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=10348
>>
>> 60000 euros de orzamento, ainda que non se comenta nada de para cando
>> estará dispoñible.
>>
>> Ata logo,
>>                   Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>     
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 494 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080905/543c5dd1/attachment.vcf
 

Reply via email to