2008/9/5 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> 2008/9/5 Anton Méixome <meixome en mancomun.org>:
>> Moi interesante,
>>
>> En principio pode parecer moito diñeiro. Só con pensalo un pouco xa se ve
>> que resulta unha cantidade modesta aínda que faltan bastantes datos para
>> valorar ata onde vai traballar a toponimia mundial.
>>
>> Supoño que non se tratará dun traballo só de compilación do que hai, que
>> tamén, senón que en moitos casos será de auténtica elaboración de solucións
>> (Asia, África... abrumador) por moito que a CRTVG teña sen dúbida o maior
>> fondo de toponimia internacional en lingua galega, porque leva máis de 20
>> anos elaborando información internacional na nosa lingua. Agora suponse que
>> se trata de dar tamén un paso definitivo de "fixación" para o estándar ao
>> facer un proxecto terminolóxico específico e público.
>
> Si, penso que eses cartos ata poden ser poucos, só puxen a cifra para
> facer ver que isto non vai ser unha especie de operación a medias. E
> sen dúbida a participación da CRTVG é importante, xa que como
> comentades ten moita experiencia nisto.
>
> Agardo que nós poidamos colaborar, ou polo menos obter toda esa
> información a medida que se vai fixando para incorporala ás nosas
> traducións, e ir creando recursos para nós.
>
> Respecto do da colaboración penso que o da carta é boa idea, pero
> ademais un pouco de presión institucional tamén estaria ben. Ademais
> poderiase falar de intentar o mesmo cas moedas, linguas, xentilicios,
> etc, xa que só parece que se van centrar nos topónimos (estados,
> rexións e cidades creo).

Ademais non estaria mal que publicarades a nova sinalando o interese
da comunidade de tradutores en colaborar no proceso e en dispoñer dos
recursos.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a