Bo día, vimos de informarnos sobre este asunto na Consellería. O 
Convenio firmouse entre a CRTVG e a Dirección Xeral de Promoción 
Industrial e Sociedade da Información que é a mesma da que depende Mancomún.

Indícannos que o traballo vaise realizar tomando como base o traballo 
que leva realizado o servizo de normalización lingüística da CRTVG 
durante os últimos anos. Respecto á dispoñibilidade dos contidos, 
indícannos que aínda que no Convenio só figura a posta en marcha dun 
servizo de consulta en liña, a intención desta Dirección Xeral é por 
suposto que se poidan liberar os contidos desta base de datos para a súa 
reutilización noutras aplicacións.

Dende Mancomún actuaremos pois de interlocutores coa Dirección Xeral 
para procurar acadar este obxectivo e que este proxecto reverta o máximo 
posible na comunidade de tradución.

Saúdos

> Grazas Leandro por avisar disto;
>
> Toda esa información toponímica sería valiosísima para nós os 
> tradutores; é 
> todo un legado, efectivamente. 
>
> O acordo non sae publicado no DOGA de hoxe nin na páxina da Consallaría 
> así 
> que haberá que estar atentos a cando sae publicado para ter tódolos 
> detalles 
> polo muido.
>
> Pero, de calquera xeito, para que esa información fora útil para nós 
> habería 
> que dispor dela do xeito correcto, refirome ó formato. Dispoñer dun mapa 
> online é todo un avance, pero o traballo sería ingualmente tedioso. 
>
> Penso que sería conveniente que ou ben Trasno ou ben Mancomun.org, ou 
> preferiblemente, ambos, contactaramos coa CRTVG para que teñan en conta no 
> momento que se poñan a traballar que nos interesa ter esa información "en 
> bruto",  dun xeito que logo poidamos incluír nunha memoria de tradución. 
> Mesmo 
> poderíamos ofrecer consello e o traballo que xa hai feito para axudar a 
> realizar o proxecto. 
>
> Non sei se para isto unha carta aberta é a mellor forma ou se é mellor que 
> Mancomun interceda directamente dentro da Consellería. Espero que poidades 
> axudar a que as cousas se fagan ben e eses 60.000€ dean rendemento. 
>
> Saúdos, 
>
> Miguel Branco
>
>
> O Thursday 04 September 2008 17:10:23 Leandro Regueiro escribiu:
>   
>> Ola,
>> acabo de ver isto: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=10348
>>
>> 60000 euros de orzamento, ainda que non se comenta nada de para cando
>> estará dispoñible.
>>
>> Ata logo,
>>                   Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>     
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
Mar Castro Pereiro                             
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 687/ 881 999 113    <mar.castro @ mancomun.org>



------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080909/776ad82f/attachment.htm
 

Reply via email to