Anton Méixome escribiu:
> Moi interesante,
> 
> En principio pode parecer moito diñeiro. Só con pensalo un pouco xa se 
> ve que resulta unha cantidade modesta aínda que faltan bastantes datos 
> para valorar ata onde vai traballar a toponimia mundial.
> 
> Supoño que non se tratará dun traballo só de compilación do que hai, que 
> tamén, senón que en moitos casos será de auténtica elaboración de 
> solucións (Asia, África... abrumador) por moito que a CRTVG teña sen 
> dúbida o maior fondo de toponimia internacional en lingua galega, porque 
> leva máis de 20 anos elaborando información internacional na nosa 
> lingua. Agora suponse que se trata de dar tamén un paso definitivo de 
> "fixación" para o estándar ao facer un proxecto terminolóxico específico 
> e público.
> 
> Parece que é moi cedo, con todo, concordo con Miguel Branco na 
> necesidade de distinguir a publicación do que é o propio material. 
> Parece correcto que se elabore esa BD en liña pero para o mundo da 
> tradución e da *educación* resultaría máis útil que se puidese acceder 
> ao material en bruto de forma que se puidese adaptar a  produtos e 
> servizos derivados (MT, enciclopedias, xeolocalizadores,...)
> 
> Antón Méixome
> 
Se non é así penso que en parte é tirar os cartos. Pois se se dificulta 
o acceso, non se usará, e aparecerán erros e traducións "libres" e ao 
final estaremos na mesma (ou parecida) situación actual.

> 
> 
> 
> 
> 
> 
> Miguel Branco escribiu:
>> Grazas Leandro por avisar disto;
>>
>> Toda esa información toponímica sería valiosísima para nós os 
>> tradutores; é todo un legado, efectivamente.
>> O acordo non sae publicado no DOGA de hoxe nin na páxina da 
>> Consallaría así que haberá que estar atentos a cando sae publicado 
>> para ter tódolos detalles polo muido.
>>
>> Pero, de calquera xeito, para que esa información fora útil para nós 
>> habería que dispor dela do xeito correcto, refirome ó formato. 
>> Dispoñer dun mapa online é todo un avance, pero o traballo sería 
>> ingualmente tedioso.
>> Penso que sería conveniente que ou ben Trasno ou ben Mancomun.org, ou 
>> preferiblemente, ambos, contactaramos coa CRTVG para que teñan en 
>> conta no momento que se poñan a traballar que nos interesa ter esa 
>> información "en bruto",  dun xeito que logo poidamos incluír nunha 
>> memoria de tradución. Mesmo poderíamos ofrecer consello e o traballo 
>> que xa hai feito para axudar a realizar o proxecto.
>> Non sei se para isto unha carta aberta é a mellor forma ou se é mellor 
>> que Mancomun interceda directamente dentro da Consellería. Espero que 
>> poidades axudar a que as cousas se fagan ben e eses 60.000? dean 
>> rendemento.
>> Saúdos,
>> Miguel Branco
>>
>>
>> O Thursday 04 September 2008 17:10:23 Leandro Regueiro escribiu:
>>  
>>> Ola,
>>> acabo de ver isto: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=10348
>>>
>>> 60000 euros de orzamento, ainda que non se comenta nada de para cando
>>> estará dispoñible.
>>>
>>> Ata logo,
>>>                   Leandro Regueiro
>>> _______________________________________________
>>> G11n mailing list
>>> G11n en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>>     
>>
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>   
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Reply via email to