Grazas pola información, Mar, e pola vosa intervención. 

A nós, entendo que falo por todos, parécenos un tema moi importante que ese  
que esforzo lingüístico sexa facilmente aproveitable. Espero que os 
aconselledes logo na elección de formatos e demais cuestións técnicas, cousa 
que xa dou por descontado, :) . 

Grazas de novo

Miguel Branco

O Tuesday 09 September 2008 10:58:21 Mar Castro escribiu:
> Bo día, vimos de informarnos sobre este asunto na Consellería. O
> Convenio firmouse entre a CRTVG e a Dirección Xeral de Promoción
> Industrial e Sociedade da Información que é a mesma da que depende
> Mancomún.
>
> Indícannos que o traballo vaise realizar tomando como base o traballo
> que leva realizado o servizo de normalización lingüística da CRTVG
> durante os últimos anos. Respecto á dispoñibilidade dos contidos,
> indícannos que aínda que no Convenio só figura a posta en marcha dun
> servizo de consulta en liña, a intención desta Dirección Xeral é por
> suposto que se poidan liberar os contidos desta base de datos para a súa
> reutilización noutras aplicacións.
>
> Dende Mancomún actuaremos pois de interlocutores coa Dirección Xeral
> para procurar acadar este obxectivo e que este proxecto reverta o máximo
> posible na comunidade de tradución.
>
> Saúdos
>
> > Grazas Leandro por avisar disto;
> >
> > Toda esa información toponímica sería valiosísima para nós os tradutores;
> > é todo un legado, efectivamente.
> >
> > O acordo non sae publicado no DOGA de hoxe nin na páxina da Consallaría
> > así que haberá que estar atentos a cando sae publicado para ter tódolos
> > detalles polo muido.
> >
> > Pero, de calquera xeito, para que esa información fora útil para nós
> > habería que dispor dela do xeito correcto, refirome ó formato. Dispoñer
> > dun mapa online é todo un avance, pero o traballo sería ingualmente
> > tedioso.
> >
> > Penso que sería conveniente que ou ben Trasno ou ben Mancomun.org, ou
> > preferiblemente, ambos, contactaramos coa CRTVG para que teñan en conta
> > no momento que se poñan a traballar que nos interesa ter esa información
> > "en bruto",  dun xeito que logo poidamos incluír nunha memoria de
> > tradución. Mesmo poderíamos ofrecer consello e o traballo que xa hai
> > feito para axudar a realizar o proxecto.
> >
> > Non sei se para isto unha carta aberta é a mellor forma ou se é mellor
> > que Mancomun interceda directamente dentro da Consellería. Espero que
> > poidades axudar a que as cousas se fagan ben e eses 60.000? dean
> > rendemento.
> >
> > Saúdos,
> >
> > Miguel Branco
> >
> > O Thursday 04 September 2008 17:10:23 Leandro Regueiro escribiu:
> >> Ola,
> >> acabo de ver isto: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=10348
> >>
> >> 60000 euros de orzamento, ainda que non se comenta nada de para cando
> >> estará dispoñible.
> >>
> >> Ata logo,
> >>                   Leandro Regueiro
> >> _______________________________________________
> >> G11n mailing list
> >> G11n en mancomun.org
> >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > G11n en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a