boas,

por fin retomei a tradución do Enigmail, un plugin PGP/GPG para
Thunderbird.

bom, vou dando con varios problemas na tradución e quería comentar algún
deles:
hash algotihtm -> algoritmo Hash ; parecevos boa tradución?
idle -> ausente?
reset -> reiniciar?
Web of Trust -> ?¿ (Web de confianza?)
Log directory - directorio de ficheiros de rexistro? (a miña dúbida está
en se traducir "log", principalmente)
logfile - ficheiro de rexistro (o mesmo)
missing keys - chaves que faltan (ou chaves perdidas?)
refresh - recargar
fingerprint -> aquí non sei se poñer "pegada dixital" ou "impresión
dixital". o da impresión dixital vexo que é o que usan en portugués, e
tamén aparece na tradución de seahorse de quinteiro... así que, por
coherencia, supoño que mellor impresión dixital, non?

algo que atopei no seahorse, que non me gustou foi un: "impor a
confianza do propietario", que supoño que é un "set trust on key owner"
ou algo polo estilo. é común utilizar iso de "impor" no lugar de "set"?

mais nada, polo momento.

un saúdo,
dani




Responderlle a