2008/5/20 Mar Castro <mmcastro en cesga.es>:
> Ola a todos.
>
> Logo de estar a semana pasada ausente (por cuestións familiares) retomo esta
> semana o traballo (aínda teño máis de 100 correo desta lista pendentes de
> ler, si que estivestes activos... :-D)
>
> Non vou responder a como se debería traducir "tab", porque eu non estou
> dentro dese grupo de "sabios" que mencionades. Algún lingüista na sala? ;-)
>
> Só vou engadir unha pregunta a este tema. Porque aba? Alguén me pode
> explicar cal é a acepción ou a metáfora para empregar aba para traducir tab?
> Eu a verdade se vexo "aba" non entendo iso. O de separador lémbrame aos
> separadores das carpetas ou arquivos en caixoeiros antigos e polo menos o
> entendo (aínda que me poida gustar máis ou menos)
>
> Busquei o termo "aba" no dicionario por se tiña algunha acepción que eu
> descoñecía pero sigo sen vela.
> (http://digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=35&buscado=ABA&opcion=entrada)
>
> Alguén que nos ilumine?
>
> graciñas


Ola. Pego unha mensaxe que atopei buscando rápido:

2007/6/12 mvillarino <mvillarino en gmail.com>:
> O Martes, 12 de Xuño de 2007 09:45, dmunhiz escribiu:
>> Outra cousa:
>> Na actual tradución do Firefox cambiaron lingüeta por separador, debeu
>> ser algo de última hora xa que na tradución (do firefox que eu uso 2.0)
>> aínda o teño como lingüeta.
>> Algún comentario ao respecto?
>> Saúdos
>
> Eu estou a usar para "each tab of a tab widget in a dialog, referring to an
> area" a palabra "páxina", máis que nada porque me ven macanudo para cousas
> como "a páxina «Xeral» do diálogo de configuración" e "desprender esta
> páxina".
> Para esa prolongación que permite pasar dunha páxina para a outra dentro dun
> mesmo diálogo (e segundo teño entendido, de programa en programa dentro do
> xestor de fiestras de moda, ion3), eu antes usaba "pestana", pero desque foi
> asinalada como incorrecta ando algo perdido, e estou a usar "separador"
> maioritariamente, e posibelmente use "aba", baseándome na cuarta definición
> do dicionario de edu.xunta.es [1], que concorda coas que dá o estraviz [2];
> de lingueta non atopo nos dicionarios referencia a "prolongación", polo que
> non a uso.
>
>
> [1]http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=00005
> [2]http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisar&dicSearch=aba&searchType=exact


Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a